Ola Daniel.
Aquí tes unha ligazón á páxina de Watec:
http://www.wateccameras.com/
Brevemente, as cámaras Watec, concretamente os modelos 902H, 902H2 (coas súas variantes), 100n e 120n, son cámaras de vídeo que normalmente se empregan en situacións de moi baixa luminosidade. Por exemplo en situacións de videovixiancia nocturna, etc... Polo seu deseño son particularmente boas para astronomía xa que son moitísimo máis sensíbles que unha webcam típica. Concretamente, os modelos 100n, 120n e 120n+ están deseñadas específicamente para observación astronómica, e outras marcas "tunearon" esas cámaras para vendelas baixo outro nome comercial (ex. Stellacam e similares).
Son moi boas para cronometrar ocultacións xa que leen o chip CCD cada 1/25 s, o que lles da moi boa resolución temporal. Tamén valen para detectar trazas de meteoros ou para detectar impactos luares, ou para observación planetaria ou luar.
O único problema que teñen é que teñen como saída un sinal de video PAL (ou NTSC en USA) que hai que rexistrar con un ordenador e logo post-procesar. Hai moitos programas para elo: HandyAvi, UFOcapture, IRIS, etc...
Algúns de nós mercamos unhas Watec 902H hai un par de anos para rexistrar meteoros e agora estánsenos ocorrendo máis cousas para darlle uso, por eso ves ferver de comentarios algúns fíos do foro.
Creo que con esto máis ou menos respondo á túa pregunta.
Saúdos.
Ramón.