Ola:
Que as diferencias de tempos non sexan exactamente de 20 ms pode deberse a dúas cousas:
-como estás usando Windows o protocolo NTP (aínda que uses Dimension4 ou cliente NTP similar) non ten prioridade alta para o sistema operativo polo tanto o procesador pode estar ocupado facendo outras cousas antes de procesar a tarefa do NTP, esto agrávase en equipos que se queden un pouco cortiños coma o teu ou o meu. Nese caso podes estar introducindo tempos incorrectos nos cadros que gardas.
-a outra opción é a que ti comentas: que esteas a perder tramas, ben porque o ordenador non da feito máis, ben porque o disco duro non está desfragmentado e perde moito tempo en mover o cabezal ó bloque de escritura asignado, etc...
Non é difícil averiguar que é o que está pasando. O que hai que facer é un histograma das diferencias de tempos entre unha trama e a sucesiva para todas as tramas. Se estás perdendo tramas o histograma vai a ter picos en múltiplos de 20 ms, típicamente terás un pico moi grande en 20 ms que corresponde a unha diferencia entre dúas tramas sucesivas, pero tamén terás un pico a 40 ms se se perderon algunas tramas individuáis ou a 60 ms se se perderon dúas tramas consecutivas.
Os erros debidos á implementación de NTP en Windows entendo que son máis aleatorios (que alguén me corrixa se me equivoco :whip:) e mostrarían un histograma moito máis aleatorio sen sináis tan marcadas. Incluso é posible que teñas unha combinación dos dous efectos.
A solución á perda de tramas é clara, migrar a un equipo máis potente, desfragmentar periódicamente o disco duro onde escribes o video, non executar outros programas que ocupen o PC de adquisición (navegador, folla de cálculo, programa de planetario, etc...). A solución ó tema das prioridades de Windows tamén é clara: migrarte a Linux :na:
¿Usades handyavi para marcar os tempos das tramas ou algún outro sistema?.
En caso de que usedes o handyavi e antes de porme a faer probas nos antigos PC's de Forcarei ou en algún outro portátil, ¿podédesme confirmar si no voso caso a diferencia de tempos intertramas se mantén constante nos 40 msg?.
Este é o motivo polo que eu decidín non usar o handyavi para sellar os cadros. Antes, cando usaba NTP con Windows, usaba o Dimension4 para sincronizar o NTP do PC e o HandyAvi para adquirir os videos e sellar os cadros. Pero ó final, entre un e o outro sempre está o cliente NTP de Bill Gates e agora o que uso é o IOTA VTI:
http://videotimers.com/home.html
O que fai é imprimir a hora GPS directamente nos cadros antes de entrar na tarxeta de adquisición de forma que non dependes de NTP. De feito, nen sequera necesitas estar conectado a internet co ordenador. De feito nen sequeras necesitas ordenador, podes usar un disco duro multimedia gravador ou unha cámara de video dixital con disco duro que garde AVIs.
Sigo usando o HandyAvi para rexistrar os videos pero non imprimo os tempos con él. Só o uso para gravar, como podía usar calquera outro programa de Windows (ou LInux :whistle:). Problema: entre o curro e o mal tempo que fai non hai quen observe nada, efecto "atractor de nubes".
Saúdos.
R.