Ocultacións luares ...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Ocultacións luares e exoplanetas.

17 Respuestas
7 Usuarios
0 Me gustas
5,838 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola a todos:

Supoño que todo o mundo está ó tanto do que é a misión Kepler de busca de exoplanetas polo método dos tránsitos:

http://en.wikipedia.org/wiki/Kepler_(spacecraft)

E tamén supoño que estaredes ó tanto de que fai uns meses houbo un problema co terceiro xiroscopio que impedía apuntar o telescopio con precisión. Pois ben, a NASA ideou un método para apuntalo máis ou menos usando dous xiroscopios e facendo que a presión de radiación solar sexa uniforme sobre os panéis solares. Esto da lugar ó que se coñece como misión K2, que ten menos precisión fotométrica pero permite seguir usando a nave para observar en determinadas posicións celestes:

http://keplerscience.arc.nasa.gov/K2/

A nova misión K2 observará unha serie de campos próximos á eclíptica cada 83 días máis ou menos. Aquí tedes a lista de campos que vai a observar:

http://keplerscience.arc.nasa.gov/K2/Fields.shtml

Os tres primeiros xa están observados ou en marcha e teñen unha lista de obxetivos.

Un dos problemas que ten observar exoplanetas polo método dos tránsitos é que é necesario descartar ou confirmar os candidatos a exoplanetas de forma que non se confundan con binarias rasantes (cunha fracción moi pequena de ocultación do radio estelar) ou diluidas (cando hai outra estrela que engade moita luz á binaria e disminúe a profundidade dos eclipses). Estas situacións especiáis producen curvas de luz similares ás que provoca un tránsito dun exoplaneta real e un gran número de candidatos a exoplanetas son descartados por estos motivos.

Habitualmente, a forma de descartar estes falsos positivos é facendo espectroscopia e medindo as velocidades radiáis, xa que nos dan o cociente de masas do sistema e, como coñecemos aproximadamente a masa da primaria do tipo espectral, podemos calcular a masa da secundaria e ver se ten masa planetaria ou non. Pero esto leva moito tempo xa que hai que conseguir a curva de velocidades radiáis do sistema, o que pode levar moito tempo de observación con grandes telescopios, e moitas veces non é posible xa que a veces as estrelas son moi febles incluso para eses telescopios.

Así que hai que averiguar que estrelas son binarias para descartalas dos análises de tránsitos de exoplanetas. A misión K2 vai a observar unha chea de estrelas preto da eclíptica así que á NASA ocorréuselle que unha boa forma de averiguar que estrelas eran binarias descoñecidas, polo menos as máis brillantes que pertencen ó catálogo zodiacal moderno (XZ), era usando ocultacións pola lúa. Para os que queiran saber algo deste catálogo tedes aquí un par de ligazóns:

http://cdsarc.u-strasbg.fr/viz-bin/Cat?cat=I/291

http://www.skymap.com/xz.htm

Así, puxéronse en contacto coa IOTA (International Occultation Timing Association) para solicitar axuda dos afeccionados nesta tarefa. Non só miraron nos arquivos de ocultacións pasadas senón que necesitan novas observacións para o futuro, unha vez que os targets da K2 se definan en cada campo.

Vaise a soltar unha nova versión de Occult (de David Herald, a versión 4.1.3.0) que marcará as prediccións de ocultacións luares das estrelas a observar coa misión Kepler2. Esta versión incluirá as estrelas do catálogo XZ que estén dentro do Kepler2 Input Catalogue a medida que se vaian coñecendo. Haberá que ir actualizando a medida que se vaian coñecendo os targets de K2.

Polo tanto este é un programa de observación para os "ocultistas" que complementa ben co de ocultacións de asteroides, con varias ventaxas:

-as ocultacións serán máis frecuentes e doadas de observar que as de asteroides.

-sempre haberá ocultación se está predita para un lugar, non é como nos asteroides que pode habela ou non, debido ás incertezas da órbita ou a posición/movemento propio da estrela.

-hai un montón de estrelas a observar, nos tres primeiros campos de K2, que xa teñen targets asignados, hai 6365 estrelas, das cales 347 son máis brillantes que a magnitude 9.0.

-a montaxe instrumental é a mesma que para as ocultacións de asteroides: o teles, unha cámara watec e unha referencia de tempo fiable.

Tamén hai algúns retos (cito parcialmente do correo de David Herald):

-A misión K2 ten 10 campos pero só están establecidos os targets para os 3 primeiros. O resto saberáse dentro duns meses.

-Tamén hai un montón de estrelas demasiado débiles para esta técnica (unhas 6000). ¿Quizáis con teles grandes coma o do OAF se podería facer algún programa con estas estrelas (mag~10 ou 11)?

-O mellor momento para observar unha ocultación luar obtendo unha curva decente (especialmente dunha estrela débil) é no período de 3 días antes do cuarto crecente ata 1 día dispois (e o mesmo para o minguante).

-O movemento da lúa (e en particular o movemento dos nodos orbitáis) implica que para a maioría das estrelas hai só unha ou dúas boas ocultacións nun período de 9 anos.

-Como consecuencia do anterior é necesario empezar a observar as estrelas o antes posible. En particular non se debe esperar a observar a que haxa un mecanismo de partes establecido. Hai que empezar o antes posible.

Non traduzo aquí todo o correo de Dave Herald porque é moi longo. Os que queiran empezar a observar usando as Watec terán que instalar Occult (o cal xa era moi recomendable) para poder ver as prediccións de ocultacións e comentar aquí as súas dúbidas. Tamén lles podo pasar unha copia orixinal do correo de Herald. Eu estou actualizando Occult (facía tempo que non o usaba) para ver como vai a cousa en detalle.

Ten que quedar claro que non se van a detectar exoplanetas por este método. O seu brillo é demasiado feble.

Un saúdo.
R.

16 respuestas
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 15 años

Éstas son as primeiras que salen en Forcarei:

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

A primeira é visible dende Santiago, a segunda xa non.
Saúdos

Responder
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Buenas.
Non acabo de entender como se pode detecar unha binaria fotométrica través dunha ocultación, xa que é unha fonte aparentemente puntual de luz. A non ser que a separación aparente entre componentes sea considerable (varios segundos) , en cuyo caso posiblemente xa esté catalogada.
Saludos

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola:
Pois é moi sinxelo. Aínda que a binaria esté tan lonxe e sexa tan pechada que non se poida resolver (o que sucede no caso das eclipsantes ou espectroscópicas) as dúas compoñentes non se ocultan simultáneamente nunha ocultación luar. Esta ocultación só sería simultánea se, por azar, as dúas compoñentes estiveran situadas paralelamente ó borde luar no instante da ocultación. Pero esta, aínda que posible, é unha situación improbable. Facendo fotometría rápida, que é o que facemos coas Watec, en vez de ver unha caida abrupta de brillo veríamos un escalón no medio, que corresponde ó instante en que unha compoñente está ocultada e a outra non.

Unha busca rápida por google levoume a estas ligazóns:

http://www.poyntsource.com/Richard/double_stars.htm

https://briankoberlein.com/2014/08/13/reveal/

E para que vexades que os que se ganan a vida coa astronomía tamén usan estas técnicas:

http://arxiv.org/pdf/1307.3498v1.pdf

http://www.aanda.org/articles/aa/pdf/2002/04/aah3145.pdf

Un saúdo.

Responder
Página 1 / 4
Compartir: