Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Bólido o 19/10/2013


samuel
Respuestas: 1
Topic starter
New Member
Registrado: hace 9 años

Ola a todos

Iníciome neste foro dando conta do avistamento dun meteoro.

Esta noite, ás 01:37, tratando de ver o eclipse dende Vigo, puiden ver un bólido a meu parecer moi brillante. Son bastante malo calculando magnitudes, pero tomei como referencia Diphda (Beta Cet) e calculo que debía ter unha magnitude de -1 a -2.

Desprazábase en dirección Leste-Oeste e era de cor vermella. Percorreu uns 40 graos nuns tres segundos a uns 31 graos de altura (aproximadamente un grao por riba de Diphda.

Ao final pareceu estourar, pero non podo aseguralo porque xusto nese momento se meteu detrás dunha nube.

Supoño que é fácil que alguén máis o vise, dado que habería xente tratando de observar o eclipse.

Saúdos

1 respuesta
Pablo
Respuestas: 1741
Famed Member
Registrado: hace 15 años

A verdade e que non estaba a noite para moita observación, pero si que entre nubes, a Lúa deixouse ver por momentos.

Por desgracia eu non mirei o bólido que comentas pero pode ser perfectamente xa que andan, por estas datas, varios radiantes activos como o das Orionidas que si que da algún que outro bólido. 

Responder
Compartir: