Predicións nocturna...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Predicións nocturnas por concellos - MeteoGalicia

11 Respuestas
7 Usuarios
0 Reactions
5,286 Visitas
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Así o Richy sempre tira proveito. Só falta que tamén lle guste "singing in the rain" e tería o pack completo.

Agora ben, que chova, neve e faga frío en inverno en Galicia non deixa de estar dentro dos parámetros normais. Non sabedes a seca que houbo o ano pasado na montaña galega, con fontes e prados sen auga como non se lembraba en moito tempo.

O de Meteogalicia, lembro que hai un par de anos lle mandáramos unha serie de recomendacións ou peticións por parte da comunidade astronómica. Lembrádelo? Non sei se o feito de meter esta previsión nocturna vén dado por aquela petición ou non, pero sería bonito pensalo. Está claro que acaban de remodelar por completo a páxina (as novas iconas a min non me gustan moito, parecen moi escuras, pero será cuestión de costume) e aproveitarían para meter cambios que tiñan "en cola".

Responder
africano
Respuestas: 347
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

Un grupo de meteorólogos despedidos de Meteogalicia están a preparar un servicio web sobre
meteoroloxía.
A web ainda non funciona pero recollen suxerencias sobre os servicios que serían de interese,
eu xa lles enviei unha pequena idea pero supoño que no foro teredes máis claro o que
se podería suxerir.
Teñen un correo de contacto:
info@4gotas.com

E a futura web
http://www.4gotas.com/

s2

Responder
Respuestas: 383
Reputable Member
Registrado: hace 17 años

Así o Richy sempre tira proveito. Só falta que tamén lle guste "singing in the rain" e tería o pack completo.

jajajajaja. Vai ser que non, gustame a auga pero sobretodo en estado solido.
E as veces en forma de cubo acompañada dalgunha bebida "espirituosa" jejejeje

Non sabedes a seca que houbo o ano pasado na montaña galega, con fontes e prados sen auga como non se lembraba en moito tempo.

Xa che digo... O ano pasado incluso no tema neve en Manzaneda houbo catro dias mal contados, mentras que anos atras lembro pasar Sas de Penelas e mirar unha fonte ao caron da estrada que tiña o chorro de auga conxelado.

O de Meteogalicia, lembro que hai un par de anos lle mandáramos unha serie de recomendacións ou peticións por parte da comunidade astronómica. Lembrádelo? Non sei se o feito de meter esta previsión nocturna vén dado por aquela petición ou non, pero sería bonito pensalo. Está claro que acaban de remodelar por completo a páxina (as novas iconas a min non me gustan moito, parecen moi escuras, pero será cuestión de costume) e aproveitarían para meter cambios que tiñan "en cola".

Lembro que te reuiniras con eles e incluso creo que foi pouco antes de que meteran recortes e quedaran dous gatos en plantilla.

Un grupo de meteorólogos despedidos de Meteogalicia están a preparar un servicio web sobre meteoroloxía.
A web ainda non funciona pero recollen suxerencias sobre os servicios que serían de interese, eu xa lles enviei unha pequena idea pero supoño que no foro teredes máis claro o que se podería suxerir.
Teñen un correo de contacto: info@4gotas.com // E a futura web: http://www.4gotas.com/

Graciñas polo aporte, esperemos que o proxecto vaia con bo camiño.
Noutro foro que me movo de neve (manzaneda.info) posteilles a tua informacion, xa que hai un grupiño de afeccionados que parece que fan interpretacios bastante acertadas do GFS, e incluso poidan aportar ideas, ainda que non sexan astronomicas.

Sau2 e Bos Ceos

Responder
Respuestas: 1741
Noble Member
Registrado: hace 17 años

Pois hoxe podes ir facer snow a Fontefría

Responder
Respuestas: 1312
Noble Member
Registrado: hace 14 años

Responder
Página 2 / 3
Compartir: