Astro-cousas dese s...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Astro-cousas dese supermercado alemán: lanterna LED

2 Respuestas
2 Usuarios
0 Reactions
1,240 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Como astrónomos afeccionados, moitos xa coñecemos os múltiples usos de moitas cousas que saen á venda de vez en cando en certo supermercado de desconto, de marca alemana  :glasses:

Desta volta, creo interesante a lanterna LED. É a que teño eu e que algún xa puido comprobar nalgunha noite a súa potencia. Permite enfocar bastante a luz ata caxe facer un tubo luminoso. Deste xeito, permite sinalar ao ceo e apuntar a lugares, estrelas ou constelacións. Incluso, ás veces, poñéndoa enriba do ocular permite ver onde apunta o telescopio.

Non é tan eficiente, evidentemente, como o famoso láser verde. Pero esta lanterna non ten os problemas de seguridade e outros que amosa o láser. Á venta este sábado. E, como é lóxico, este menda non leva ningunha comisión. Na miña experiencia, non é un deses produtos que se esgota, polo que supoño que durará uns días. Ah!, comprobade que o hai no máis cercano a onde vivides vós, que eu falo da terceira cidade galega.  :jap:

1 respuesta
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 17 años

Merda!!!! Eu non sei en que número de cidade vivo  :intello:

Responder
Compartir: