A raíz do Diaporama da Eclipse Solar de 1996 publicado polo compañeiro Monje no fio de "Planetaria", ocorreuseme buscar as miñas primeiras astrofotos... si aquelas feitas con medios analóxicos, e atopeinas.
Vounas colgar aquí e a ver se alguén mais se anima a sacar as súas "vergoñas" pero que naquel momento foron grandes éxitos persoais :yipi:.
Neste caso os datos son:
Lugar: Alto de Fontefría (si, xa okupabamos ese monte daquela).
Data: 12/08/2002 (a idea era cazar Perseidas... obviamente).
Cámara: Pentax Program A (prestada por un familiar, semanas despois e animado polo rotundo éxito logrado merquei unha Olympus OM1 de segunda man).
Lente: 50mm - f1.8.
Técnica:Pois salvo a Circumpolar que foi con cámara sobre trípode o resto era PiggyBack sobre o Bluestar 200/1000 e unha EQ5.
*Non lembro exactamente a película empregada, pero sei que era Fujifilm 1600 ISO.
**Revelado en tenda coa súa correspondente nota "fotos de estrellas, salen puntitos sobre fondo oscuro".
***Escaneadas na casa para poder subilas a rede de redes.
Campo de M31.
Doble de Perseo.
Circumpolar.
Unha Perseida. :yipi: :yipi: :yipi: