Charla de astronomí...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Charla de astronomía sobre o APOD da NASA, en varias cidades

10 Respuestas
5 Usuarios
0 Me gustas
3,262 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Xa que estamos no Ano Internacional da Astronomía 2015 (declarado pola Unesco), e seguindo a tradición de aninovo dos editores do APOD da NASA, este ano estou a prepara unha charliña que coa excusa de ver algunhas das fotos máis fermosas, ou simpáticas, ou significativas, publicadas ao longo do 2014, permita falar de ciencia e astronomía.

APOD da NASA 2014, un ano de astronomía en galego se chama o asunto. E, polo momento, xa está programada nun par de lugares:

  • Ourense: xoves, 22 de xaneiro de 2015 ás 20:00 horas. Lugar: Ateneo de Ourense, Av. Habana, 25.
  • A Coruña: venres, 23 de xaneiro de 2015 ás 19:30 horas. Lugar: MUNCYT. Coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
  • Santiago de Compostela: por determinar (febreiro). Coa colaboración da Asociación Galega de Comunicación Científico Tecnolóxica e do Clube Vega.
  • Vigo: por determinar. Coa colaboración de AstroVigo e Agrupación Astronómica Rías Baixas.

Adxunto o cartel (fermoso traballo do estudo gráfico Blau - Miguelanxo Carvalho, por certo), da actuación de Ourense. Se alguén quere o da Coruña pode pedirmo a min ou na agrupaciókn Ío. E, cando estea xa programado en Vigo, Santiago de Compostela (e quen sabe se en máis sitios), xa iremos actualizando este fío.

E, se resulta ben, agardo que se convirta nunha tradición anual despois do día de reis (polo menos en Ourense, que o de ir de xira está ben pero xa veremos se o corpo aguanta).

Se queredes botar unha man para divulgar, toda vez que o nivel será variado e para todos os públicos, tamén está posto no feisbuc do apod.galego e usarei o meu twitter @dosiveiga, se se deixa o parruliño azul. Usaremos o hashtag #apodgalego.

9 respuestas
Respuestas: 18
Active Member
Registrado: hace 9 años

Para a de mañá na Coruña hai que confirmar/anotarse nalgún lado ou algo... Pregúntoo porque se de dese escapado do traballo a tempo o mesmo ata me acercaba por alí...

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Para a de mañá na Coruña hai que confirmar/anotarse nalgún lado ou algo... Pregúntoo porque se de dese escapado do traballo a tempo o mesmo ata me acercaba por alí...

Boas, non. Asistencia libre e de balde. Non sei en que sala será, pero supoño que non haberá problema de espazo. Conta que o chollo dura unha horiña, que se estenderá 15 ou 30 minutos máis en función das preguntas e dúbidas da xente.

Hoxe en Ourense, sala chea (unhas 50 persoas, sala pequena pero xeitosa). Público variado, de todas as idades e condición. Entre os 10 e os 70 anos. Coas preguntas finais e demais, rematamos ás 21:30 (tras empezar ás 20:05. En Coruña é media hora antes.

Responder
Respuestas: 18
Active Member
Registrado: hace 9 años

Moitas gracias pola resposta pero sobre todo moitas gracias pola charla de hoxe... Ó final puiden asistir e pareceume que, aparte das fotos que lóxicamente son do mellorciño senón non serían APOD's, foi tremendamente amena e instructiva...

É de xustiza recoñecer o traballo que tes que pasar para preparar todo, o desprazamento, a presentación... Cando ademáis é un traballo ben feito pois aparte de recoñecer hai que agradecelo tamén como se merece...  8) 

Responder
Xoán
Respuestas: 46
Eminent Member
Registrado: hace 11 años

Totalmente de acordo con McGee.

Un traballo moi ben feito por parte de Dosi Veiga

A charla foi un éxito e a asistencia, aínda que non se encheron as 100 prazas, foi moi aceptable.

O local foi o salón de actos do Mucyt con moi boa acústica e mellor resolución do proxector.

Responder
Página 1 / 2
Compartir: