Actividade de ¿astr...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Actividade de ¿astronomía? en Santiago de Compostela

12 Respuestas
7 Usuarios
0 Reactions
3,108 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Para os que esteades en Santiago, tedes un acto a vindeira semana. Ía dicir que de astronomía ou ciencia, pero non me atrevo. Vós diredes (este texto chegoume por correo electrónico):
---------------------------------------------
“VIÑOS DO CEO”
As portas do Campus Estelae, mirando as estrelas e a súa influencia nos viños que se fan seguindo os ciclos naturais, como se facía dende tempos inmemoriais........

Viticultura en biodinámica os viticultores :
Manuel Céspedes e Jesús Lázaro nos explicarán os métodos e conceptos da viticultura biodinámica nos seus viños
*LUZ DE ESTRELAS un viño Rías Baixas 
*KIRIOS DE ADRADA noche, un Ribera del Duero

Petiscos a cargo de LA BODEGUILLA DE SAN LÁZARO E CHANSONS DE LA VIE, amenizará a actividade entre copa e copa…e petisco. E despois: observación exterior de constelacions e explicacions por parte do presidente da federación galega de astrónomos. Unha noite para darlle a benvida a Ascensión entre o Ceo e a Terra, recorda só temos 20 prazas, será o vindeiro martes 15 de Maio as 21:30

Unha aperta e que os viños e o ceo sexan favorables.

11 respuestas
salva
Respuestas: 489
Reputable Member
Registrado: hace 15 años

      :wink2:  E non sería de g-astronomía...?  :wink2:

      Pois que queres que che diga. Compostela é cidade aberta a todo tipo de iniciativas sen que o seu nivel de frikismo sexa un obstáculo para a súa aceptación  :smile:. Xa pasarás a info de onde se celebra tan enolóxico acto. O único a comentar pola miña banda é que Compostela non vén de "Campus Stellae" (sen 'E')  :wink2:, aínda que mola mazo usar esa etimoloxía, e que agardo que o "presidente da federación galega de astrónomos"(?) teña un papel axeitado ao nivel da actividade. Polo demais, calquera iniciativa que redunde na valoración social positiva do ceo nocturno é benvida.

      Xa máis en serio, falando de actos nesta cidade, coméntovos que a USC decidiu premiar ao grupo de bolseiros que forman o colectivo "Calidade do ceo", probabelmente un dos primeiros grupos a nivel europeo adicado especificamente a sensibilizar á comunidade universitaria sobre o problema da Contaminación Lumínica. Varias das persoas que participades habitualmente neste foro xa coñecedes a Cris, Víctor e Lucía. Parabéns a todos eles!
    O acto de entrega de premios terá lugar o venres 11 de maio ás 12:00 h. na Escola Técnica Superior de Enxeñería do Campus Sur (Campus Vida) da USC. O cartel da Semana USC en Transición está a vosa disposición na seguinte páxina:
http://www.usc.es/entransicion/comeza-a-semana-da-usc-en-transicion/

    Apertas!
    salva

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 16 años

Eu dou fe de que o viño ecolóxico ("Luz de estrelas") de M. Céspedes da zona de Salvaterra está ben bo. Ademáis do viño Céspedes fíxose unha cúpula toda de aceiro  enriba da bodega que xa me gustaría a min.

Responder
Pablo Canedo
Respuestas: 1822
Admin
Noble Member
Registrado: hace 17 años

Dádesvos conta de que estades a falar de astroloxía, non?

Que os catro magufos de turno queiran facer cartos a costa da ignorancia axea, pasa; pero que aínda enriba nos lles fagamos publicidade...

Responder
Respuestas: 1312
Noble Member
Registrado: hace 14 años

é o que eu digo, un pouco de viño e empanada sempre será o mellor para que se cubran todas as prazas  na actividade que sexa :intello:

Responder
Página 1 / 3
Compartir: