Prezadísim@s,
En decembro pasado a Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou 2015 como "Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz", para poñer de manifesto a importancia da luz e as súas aplicacións e celebrar o 200 aniversario da teoría ondulatoria (Fresnel 1815), o 150 da teoría electromagnética (Maxwell 1865), o centenario da relatividade xeral (Einstein 1915) e os cincuenta anos do descubrimento do fondo cósmico de microondas (Penzias e Wilson 1965).
Acabamos de constituír o Comité Galego do IYL-2015 para promover e coordinar actividades relacionadas con esta celebración, aberto a novas incorporacións. A idea é propoñer ás asociacións e entidades que desexen participar que usen o logo e introduzan contidos relacionados coa luz nalgunhas das actividades que xa veñen desenvolvendo, a fin de que colaborar con este Ano Internacional non lles supoña unha sobrecarga de traballo. O IYL-2015 estrutúrase en catro áreas temáticas: Ciencia da Luz, Tecnoloxías da Luz, Luz na Natureza e Luz e Cultura.
Para as persoas interesadas adxunto copia da nota informativa e do logo do IYL. Se tedes calquera consulta ou comentario non dubidedes en contactar.
Apertas,
salva