Ola compas,
Fago por ler o foro de cando en vez, aínda que o traballo que nos trae fritidos non me deixa moita opción para participar nel regularmente. Escríbovos para saber se vos parecería oportuno anunciarmos no foro as actividades previstas para mediados de abril no Barco, con motivo da celebración do centenario da eclipse de 1912. Se é así podo facer un pequeno post e logo completamos entre todos.
Polo demáis, logo da visita á Academia de Ciencias e Artes de BCN, e da charlada co concelleiro hai unhas semanas, esta todo en marcha. O próximo paso a dar será unha reunión de preparación e concreción de todo co Concello do Barco, a mediados ou finais de xaneiro. Xa poremos data cando nos vaia ben a todos.
Apertas!
s.