Software fotometría...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Software fotometría gratuito

13 Respuestas
7 Usuarios
0 Me gustas
7,929 Visitas
Respuestas: 370
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola:
Outro software de fotometría gratuito e multiplataforma (está en Java) é este:
http://www.aperturephotometry.org/aptool/

Eu non ou usei nunca pero faláronme moi ben del.

Para os que falades de buscar tránsitos en campos poboados, só unha advertencia, os surveys que buscan planetas polo método dos tránsitos sóen machacar o mesmo campo durante varios meses, xa que non abonda con detectar un só tránsito, senón que hai que detectar varios para calcular o período. E ademáis hai moitas falsas alarmas debido a que hai unha serie de casuísticas que provocan curvas de luz coma as dos exoplanetas sen que sexan exoplanetas (enanas marróns, binarias diluídas, eclipses rasantes, e outras). Logo, unha vez identificado un candidato hai que confirmalo usando velocidades radiáis, para o que hai que pedir tempo nun telescopio cun espectrógrafo de alta resolución. A tarefa non é imposible pero sí complicada e a ventaxa é que polo medio se descobren outras estrelas variables. Un consello: escapade do campo de Kepler, ¡nunca acadaredes a súa precisión fotométrica!. Sorte.

Un dos programas que tamén se usan para facer estes catálogos fotométricos (e que eu sí usei) é Sextractor (sex para os amigos). Este só o hai para Linux/Unix :na:  e úsase para facer catálogos astrométricos e fotométricos:
http://www.astromatic.net/software/sextractor
http://astroa.physics.metu.edu.tr/MANUALS/sextractor/

Saúdos.

Responder
Respuestas: 300
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ostras, Paco. Esa gráfica tiene una pinta cojonuda. Muy baja dispersión. Lástima que esté incompleta. Por cierto, acabo de darme cuenta que Fotodif permite marcar un número indefinido de estrellas variables, aunque sólo muestra dos graficas simultaneamente. Esto es interesante.

Vale Ramón, respetaremos ó Kepler. Onque creo que xa non está operativo. Eu vou probar cun pequeno cúmulo aberto. Solo teño un campo de 15'x10'.
O programa de fotometría que mencionas está ben, pero cacharreando con él, parece que solo permite abrir unha imaxen. Non xenera curvas de luz.

Saludos.

Responder
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 15 años

xa que non abonda con detectar un só tránsito, senón que hai que detectar varios para calcular o período. E ademáis hai moitas falsas alarmas debido a que hai unha serie de casuísticas que provocan curvas de luz coma as dos exoplanetas sen que sexan exoplanetas (enanas marróns, binarias diluídas, eclipses rasantes, e outras).

Joer tío... menos mal. Eu xa estaba abraiado. Un mes sen pasar polo foro, e xa estaba lendo de compañeiros detectando exo-planetas.  😐 Xa fiplara con aquelas curvas de luminosidade (creo que de Colapso), confirmando a existencia de algún exo-planeta coñecido... pero chegar a detectalos por compis de aquí ao lado, xa me parecía moitísimo.  Que non digo que non se poida... pero vamos. Que non creo que teñamos ao alcance a tecnoloxía para distinguir un tránsito dunha variable (do tipo que sexa) e, incluso, da incerteza das medidas que poidamos facer.

Vale Ramón, respetaremos ó Kepler. Onque creo que xa non está operativo.

REspetemos, respetemos  :he: Segue a traballar coa súa misión estendida, por uns aniños. Seica tiveron uns problemas en maio pasado, que perdeu precisión polo fallo dun volante de inercia (dos catro que tiña). Noutros lados lera que o fallo se debera a unha mala actualización de software. Outro volante empezou a gripar uns meses despois, e meteron todo o sistema en modo pausa para reinicialo. Pero seguen a ter problemas e non consegueron a poñelas en marcha.

Entón, abriron un tempo para recibir propostas para aproveitar o trebello que, polo demais, segue operacional (e non era cuestión de desperdiciar a súa ubicación privilexiada). A fin de contas, pasou de ter unha precisión fotométrica de 20 partes por millón a, agora, unhas 300 partes por millón. Vamos, que a min váleme  😉

Ao final, seica vaise adicar a supernovas, asteroides, meteoros... e máis exoplanetas, nunha rexión máis ampla, e centrándose en estrelas pequenas con periodos orbitais pequenos (e entrando de cheo en moitos posibles candidatos en zonas habitables).

Un moi bo artigo sobre a historia deste telescopio espacial no marabilloso e entretedísimo blog de Daniel Marín.

Responder
Página 3 / 3
Compartir: