Lo que aprende uno contigo, madre de dios :happy:
Que lujazo tenerte por aqui.
Lo que aprende uno contigo, madre de dios :happy:
Que lujazo tenerte por aqui.
Joer... Ramón... que eu estou tanteando algunha cousiña algo seria para empezar a facer, pero distráesme. Que se chuvias de meteoros, que se ocultacións... agora isto dos tránsitos... NON SEI POLO QUE DECIDIRME
:666:
O dito por Mad, que é un luxo. E... algo haberá que facer. Porque o conseguido por colapso con medios tan modestos anima bastante.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)
Tes razón. Non ten sentido 3xFWHM ca imaxen desenfocada. Con apertura de 10 pixels quedaba parte da estrela fora do anillo interior. Utilizando apertura de 15 pixels e elexindo outra check star, os valores de desviación son os mesmos (0,007mag) ca de referencia, e a curva algo mais definida. Por certo, a estrela HAT-p-20 é doble, ou polo menos un par óptico. Non sei si a que mostra tránsitos e a principal ou a secundaria. En todo caso, esto supoño que afecta á fotomería xa que é imposible de aislar.
Habrá que intentar un novo tránsito mañá ou pasado. O malo é ofrío que está facendo.
Gracias por toda a información aportada. Está claro que hai moito que aprender... e que traducir.
Saludos.
Ola:
Facer fotometría de apertura diferencial ata ~1 centésima de magnitude de precisión é relativamente doado. Pero baixar de ahí e chegar a milimagnitudes é máis complicado e necesita afinar a técnica un pouco. Polo que se ve, tí xa o conseguiches. Parabéns! porque a curva do tránsito a min paréceme fantástica. Sigo recomendándoche que a envíes á web dos checos. Por certo, ¿qué telescopio e CCD usaches?¿Tes o telescopio fixo nun cobertizo ou cúpula?
Por certo, a estrela HAT-p-20 é doble, ou polo menos un par óptico. Non sei si a que mostra tránsitos e a principal ou a secundaria. En todo caso, esto supoño que afecta á fotomería xa que é imposible de aislar.
Eso é un problema á hora de facer fotometría de apertura. En parte soluciónase facendo o que se chama fotometría PSF (Point Spread Function) que é máis elaborada. Consiste en facer un modelo tridimensional da PSF con algunhas estrelas ailladas na imaxe (en teoría gausianas cando están enfocadas) e logo escalar o modelo ás estrelas a medir que están apiñadas e se contaminan unhas a outras. É o que se fai cando os campos son apiñados (crowded fields) como nos cúmulos globulares ou abertos. Non sei se o Maxim DL pode facelo. Ademáis as incertidumbres son maiores.
Saúdos.