Humm... moi interesante, a verdade. Creo que pode ser unha boa experiencia para facer divulgación científica... é dicir, ver como desde casa e, con equipos modestos (ehem), podemos verificar temas que son o "state of art" na astronomía actual. Foi unha mágoa o da cúpula.
Creo que, xuntando as túas experiencias neste campo (e envíos anteriores que tes feito) coas de pago de facer espectros, supernovas... podía saír un obradoiro para AstroGalicia moi chulo.
Un par (ou máis) de preguntas:
- O equipo que empregaches supoño que será o habitual, pois falas da cúpula. Tes idea de cal sería o equipo mínimo para obter datos similares? Refírome a apertura, focal...
- Boto de menos a barra de erro ou a incerteza nas medidas. Tes traballado o tema? Neste caso, esta incerteza debera ser menor de 3 centésimas de magnitude, pois é a variación que ti aprezas.
- Como te animaches a este tema? Hai webs de referencia onde expliquen o proceso? Supoño que, ademais, debe haber algún proxecto de colaboración no que poidan participar afeccionados. Nestes intres, o traballo de observatorios espaciais como o Kepler é tan inmenso que fai falla moita colaboración desde terra para verificar os exo-planetas candidatos como certos ou non. Sabes se está ao alcance de afeccionados esta tarefa?
Noraboa polo traballo. 8)