Estrella variable
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Estrella variable

33 Respuestas
6 Usuarios
0 Me gustas
10.1 K Visitas
Respuestas: 300
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Curva con datos de tres noches:

Responder
Respuestas: 370
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola:
Ten unha pinta co-llo-u-da, por dicilo en dúas palabras. Só un par de matices:

- O período non está perfectamente axustado porque as curvas en fase non montan exactamente unha enriba de outra. Habería que darlle unha volta máis. Ou hai algún erro no tempos das observacións rosas ou verdes.

- Está claro que as estrelas son algo grandes porque cun período de ~8.9 horas a distorsión é grande o que indica que as superficies están preto do lóbulo de Roche da binaria. Unha estrela de tipo solar con ese período non estaría tan distorsionada dado que o seu radio non é tan grande e non chegaría ó limite que impón o lóbulo de Roche.
http://en.wikipedia.org/wiki/Roche_lobe
É posible que sexa unha estrela algo evolucionada e esté empezando a expandirse pasando materia de unha a outra polo punto de Lagrange L1:
http://es.wikipedia.org/wiki/Puntos_de_Lagrange

-Sería bo completar o máximo que hai logo do mínimo secundario xa que non está claro o nivel que acada e esto é importante para determinar dúas cousas:
--o cociente entre as temperaturas efectivas das dúas estrelas depende do cociente entre as profundidades das dúas eclipses e para medilo hai que ter unha boa referencia no máximo.
--ou son ideas miñas ou es máximo que falta é menos profundo que o anterior. Habería que determinar porqué. Pode ser por diferencias na fotometría (sistemáticas, o que non creo porque o mínimo secundario o clava en altura entre diferentes runs) ou porque unha das estrelas ten manchas ou unha fotosfera peculiar.

Empeza a poñerse interesante. Teríamos que falar algo desto en Astrobiocos, por exemplo.
Saúdos.

Responder
Respuestas: 1741
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Empeza a poñerse interesante. Teríamos que falar algo desto en Astrobiocos, por exemplo.

:yipi: :yipi: :yipi: :yipi: :yipi:

A primeira serie utilicei desenfoque considerable, mentras que nas outras tres usei imaxes enfocadas, quizá non mantan ben por eso.
E sorprendente a cantidad de información que se pode deducir dunha curva de luz dunha binaria eclipsante. Tamen eu observei que se intue diferencia entre os máximos, por lo visto chámase 'efecto O'Connell'.
A ver si mellora o tempo e consigo completar esta curva.
O caso que xa teño outra candidata noutro cúmulo aberto: esta sí que non está catalogada. Ten menor amplitud.

Responder
Respuestas: 370
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

A primeira serie utilicei desenfoque considerable, mentras que nas outras tres usei imaxes enfocadas, quizá non mantan ben por eso.
E sorprendente a cantidad de información que se pode deducir dunha curva de luz dunha binaria eclipsante. Tamen eu observei que se intue diferencia entre os máximos, por lo visto chámase 'efecto O'Connell'.

Se os radios de fotometría que usas para medir a variable e as estrelas de comparación son os mesmos non ten porqué haber ningunha sistemática xa que a proporción de luz que perdes en cada estrela é a mesma, e por tanto a magnitude diferencial é a mesma. Outra cousa é que cambies o radio de fotometría da estrela variable respecto á de comparación en cada ronda de imaxes.
En canto ó efecto O'Connell, non está ben establecido cal é a súa causa (manchas, ventos estelares, impactos da materia acretada). Así que é un aliciente máis deste sistema. O normal en binarias é supoñer que son manchas porque son relativamente doadas de modelar e se teñen observado noutros sistemas binarias, só que para baixar a curva de luz esa cantidade é necesario supoñer que as manchas son moi grandes e cubren entre o 20 e o 50% da superficie estelar, o que a algúns lles parece difícil de tragar.
Un saúdo.

Responder
Página 6 / 7
Compartir: