Ola:
Teño un par de horas de datos con Excalibur dende o OAJ con condicións meteorolóxicas regulares e cun tempo de exposición de 60 s sen filtrar. Dádeme un tempo para reducilos que estou moi liado con outras cousas. A ver se alguén máis pode observar unha tirada máis longa. Se o período é de ~8 horas é mellor facer observacións de ~4 horas ou máis (idealmente).
Outra cousa, se vamos a superpoñer datos de varios instrumentos hai que definir estrelas de comparación comúns a todos. Aínda así aparecerán sistemáticas nas curvas de luz (que veremos como se sacan) debidas a condicións atmosféricas diferentes, transmisións e detectores diferentes, etc...
Saúdos.