Ola!
Desde os grupos de investigación que formamos a Rede Española de Estudos sobre a Contaminación Lumínica (REECL) ( http://guaix.fis.ucm.es/splpr/ ) queremos pedirvos a vosa colaboración para documentar os cambios no alumbrado público que se están a producir en cidades, vilas e barrios. Trátase de sacar fotografías das rúas e prazas antes e despois de que se proceda a cambiar o tipo de lámpadas e/ou farolas, de forma que quede constancia de como eran as cousas e dos cambios provocados na paisaxe urbana nocturna.
O obxectivo é poder avaliarmos se eses cambios de iluminación son para mellor ou para peor desde o punto de vista da Contaminación Lumínica (medindo sobre as imaxes a intensidade das lámpadas e o tipo de cor da luz que emiten). Dado que en moitos lugares están substituíndose as fontes de sodio de alta presión por LEDs, queriamos pedirvos que se vos enterades dalgún cambio de instalacións que se vaia facer proximamente aproveitedes para documentalo ou, se non vos resulta posible, que nos avisedes para intentarmos ir nós.
Esta actividade é parte do Proxecto TimeLine da REECL. Tedes información técnica de como participar e exemplos dalgunhas imaxes de pobos que cambiaron recentemente a súa iluminación en: http://guaix.fis.ucm.es/splpr/node/31
Apertas,
salva.