Compartir:
Avisos
Vaciar todo

O Parque das Illas Atlánticas, novo destino turístico Starlight

5 Respuestas
5 Usuarios
0 Me gustas
2,580 Visitas
salva
Respuestas: 489
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

    Ola!

    Soamente para comentarvos que o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é o segundo destino turístico Starlight en terras (e augas) galegas, sumándose ao d'A Veiga - Pena Trevinca que xa obtivo esa certificación o pasado ano.

    Tanto nun caso como noutro, a contribución científica e técnica de persoas que participades neste foro foron esenciais para conseguir ese obxectivo. Parabéns!

    Let's keep the skies dark...

    Apertas,
    s.

4 respuestas
Respuestas: 1741
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Boísima nova ¡¡¡¡¡  :yipi: :yipi: :yipi:.

Que sirva non so para dinamizar espazos privilexiados, tamén para que se comecen a aplicar medidas efectivas que protexan os nosos ceos.

A nivel persoal, foi un privilexio participar nas campañas do último ano comandadas por Salva e Ana nun ambiente fantástico.

E como non, agradecer as facilidades que o Parque e o seu persoal puxeron a disposición dos que contábamos e fotografiábamos estrelas polas illas adiante.

Responder
Respuestas: 582
Honorable Member
Registrado: hace 16 años

Michísimas felicidades por el logro.
Sin duda una gran noticia para la astronomía gallega. Ahora toca celebrarlo.
:yipi: :yipi: :yipi:

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

:great:. Mi enhorabuena también a todos los que trabajaron en ello. Y recordar que tenemos dos nuevos destinos cuyos gestores podrían estar muy interesados en la colaboración para la organización de Astrogalicias o cosas similares. Los sitios no pueden ser mejores.

Responder
Respuestas: 2392
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Parabéns Salva!! Só me dá mágoa non ter podido ir en ningunha das "expedicións" para aprender a facer medidas e pasar unhas boas noites de observación.

Por certo, "off the record" porque, curiosamente, algo discutimos onte entre algúns. Á hora de acadar a declaración "Starlight", impúsose algún tipo de restricción no horizonte leste? Creo lembrar que si que fixérades labores de información e promoción do tema entre o mundo hostaleiro, pero non sei se á distancia na que se atopa Cíes da costa a influencia dese contorno é sensible ou non. Aínda que tamén pode quedar para falalo no workshop de dentro de tres semanas  😉

Responder
Compartir: