Coincido con Guti e Etheotonio, e en particular coa observación sobre a cantidade de programas televisivos nos que aparecen todo tipo de adiviños-charlatáns sen que aparentemente os consellos de administración dos medios se inmuten o máis mínimo.
No caso da nova desta foto hai un factor agravante.
Non se trata xa dun exemplo de dato erróneo (hai moitos na prensa: os típicos de dicir que o Universo ten 1500 millóns de anos, que o Sol está a un ano luz da Terra e cousas así... estes erros non teñen maior importancia, subsánanse dándolle ao redactor o dato correcto e listo). Nin tan sequera é un exemplo de descoñecemento de principios básicos da ciencia (como cometen os que descoñecen que ningunha teoría científica se pode demostrar como verdadeira, pero si como falsa). O desta nova é moito máis grave. É de supoñer que calquera redactor de prensa sacaría algunha vez na súa vida fotos cunha cámara dixital ("sen telescopio"). Que lle puido pasar pola cabeza ao redactor da noticia para pensar que o que se ve na foto pode ser unha pedra de 14 metros vista dende 80.000 km? Aquí fallou algo máis fondo que a cultura científica. Fallou algo no redactor e algo máis importante aínda no control de calidade do xornal.
Noticias como esa merecerían formar parte do blog humorístico "Elmundotoday" :666:
http://www.elmundotoday.com/category/tecnologia/