Ola a tod@s,
O próximo día 20 de xaneiro comezará a primeira fase da campaña "GLOBE at Night", o maior programa de ciencia cidadá a nivel mundial relacionado coa contaminación lumínica. A diferencia de edicións anteriores, en 2014 a campaña estará activa durante todos os meses do ano.
A maiores da súa relevancia como acción de concienciación, nos oito anos que esta iniciativa leva funcionando recolléronse case 100.000 medidas en 115 paises, constituíndo unha extensa e diversa base de datos sobre o brillo percibido do ceo que ten dado lugar a interesantes resultados de investigación.
É unha campaña internacional e plurilingüe, con materiais de apoio e aplicacións web en máis de 20 idiomas (entre eles galego, català e español).
Animádevos a participar e animade as persoas que coñecedes!
Toda a información en http://www.globeatnight.org/
Materiais, webapp para subida de datos, etc: http://www.globeatnight.org/downloads
Saúdos!
salva.