Ola NGCaarón,
Abaixo van uns comentarios por se che poden servir de algo. Antes de nada fago constar que non son doutor en medicina nen optometrista, polo tanto estas opinións exprésoas a título informativo e non substitúen ás recomendacións ou prescricións que che poidan dar os profesionais responsabeis da saúde. En caso de discrepancia sempre prevalecen as indicacións destes últimos.
Unha cousa que me gustaría preguntarche é exactamente en que consiste ese "no veo con la nitidez que debería el firmamento". Que ves cando ves unha estrela? que ves cando ves Xúpiter? A pregunta non é banal, se podes describirnos co maior detalle que é o que percibes visualmente ao mirar cara eses astros a resposta ao que preguntas pode ser máis precisa.
Se é necesario poño logo un post con maís información. En resume, o que che recomendaría é:
- Sobre gafas específicas para ver o ceo: Vai ao oftalmólogo/a ou a un bo optometrista e pídelle que te refraccione ("gradúe a vista") para condicións de moi pouca iluminación ("condicións escotópicas"). Dille que che mida con precisión o astigmatismo, aínda que sexa pequeno, e de paso tamén o diámetro pupilar nesas condicións de luz. Estas medidas hai que facelas co ollo adaptado á escuridade, explícalle ao profesional que es astrónomo afeccionado e que por iso necesitas unha avaliación específica da túa visión.
Podes aproveitar para graduar tamén a vista en condicións de iluminación diurna ("condicións fotópicas") para ver se variou a túa graduación dende a última vez que fuches. O ollo é un sistema vivo (afortunadamente!) así que as súas características poden variar co tempo.
Se a refracción con pouca luz é razoabelmente diferente da que tes nas actuais gafas, poderias prantexarte facer unhas gafas específicas para ver o ceo pola noite. Pero só se a diferenza o xustifica, se non sería tirar os cartos.
Sobre monturas das gafas, nada que comentar. Na páxina que nos pasas o autor fai unha afirmación algo curiosa: "Otro aspecto a tener en cuenta es que el modelo de gafas que elijamos sea lo más resistente posible (evitar diseños al aire) para que puedan aguantar golpes y tensiones que suelen producirse durante la noche." Pero... que fará este bo home coas gafas pola noite??? 🙂
- Sobre o uso de gafas de sol polo día para manter os niveis de rodopsina: eu non cho recomendaría. O ollo humano está evolutivamente ben conformado para producir e manter os niveis de rodopsina necesarios para ter un bo funcionamento dos bastóns pola noite, unha vez pasado o tempo necesario para adaptarse á escuridade (uns 25-30 minutos, para facerte unha idea). Creo que é moito máis práctico o seguinte:
(1) Durante a observación, non perder a adaptación á escuridade (non deixar que focos, lámpadas, farolas, lanternas brillantes, pantallas de teléfono móbil, etc metan luz no ollo). Luces vermellas moi moi moi moi (moi!) tenues poden non interferir coa adaptación, pero teñen que ser moi tenues (xa o dixen? :smile:)
(2) Respirar ben. Non é broma (Se non respiras, aos poucos segundos os ollos ven peor... e logo poste morado :smile:)).
(3) Non inxerir alcohol antes da observación. Tampouco é broma. A inxesta de alcohol fai que a pupila se dilate algo máis do normal e aínda que isto poida parecer en principio bo porque entra máis luz no ollo, resulta ser negativo case sempre, porque a óptica do ollo funciona moito peor e as imaxes vense máis borrosas. Polo mesmo motivo, abrigarse ben: este aumento de pupila tamén se pode producir se colles frío ou tes un catarro.
Non obstante o anterior, en dias de moita luz soe ser recomendábel usar gafas de sol, así que nada do dito até aqui debe interpretarse como contrario aos consellos que neste sentido dan, repetidamente, os profesionais da saúde.
En realidade o que vai limitar a túa capacidade para ver obxectos febles do ceo a simple vista non vai ser tanto a rodopsina dos teus ollos, como o brillo do ceo debido á contaminación lumínica. Así que outra recomendación é buscar un bo sitio para observar.
Hope this helps...
s.
¡Hola Salva!
He de decirte que no me creo que no seas optometrista 😮 , me has dejado sorprendido con tus consejos y desde luego que son de ayuda.
Te comentaré algunas cosas sobre tu respuesta:
1º) Dices que te aclare lo de "no veo con la nitidez que debería el firmamento". Me refiero a que si por ejemplo, en un día claro, me alejo de un punto negro a 5 metros de distancia, sin corrección visual, vería el punto mucho más grande, borroso... en resumen, mal. Esto se soluciona con gafas, lentilllas... Pero, en cambio, al ponerme esas gafas por la noche, veo las estrellas como ese punto, veo menor número de objetos, ya que "desaparecen" los de menor magnitud.
2º) "Dille que che mida con precisión o astigmatismo". A mí no me dijeron que tuviera astigmatismo cuando fui hace unos cuantos meses, sólo miopía, no sé si es porque si lo tengo es poco, o porque de verdad no tengo.
3º) Te haré caso con lo de las gafas de sol, aunque no me suponen ningún problema llevarlas, todo lo contrario. 8)
4º) Sí, también me parecen curiosas las noches de observación del hombre que redactó el texto del enlace. Seguramente necesite una linterna roja en la frente para evitar golpearse con el tubo de su telescopio.
5º) Por último, te cuento que no bebo :drunk: , y tampoco dejo de respirar, a menos que me desmaye golpeándome con el tubo óptico y se me rompan las gafas :rofl:
Gracias por tu gran aportación, me has solucionado unas cuantas dudas.
Un abrazo. 8)