Reunión previa de A...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Reunión previa de AstroGalicia 2012: orde do día

1 Respuestas
1 Usuarios
0 Me gustas
1,628 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Para este sábado 17 de decembro, na reunión previa que teremos sobre a organización da AstroGalicia 2012, hai varios temas que habería que tratar desde o meu punto de vista. Se queda algún fóra, comentade de seguido. Creo útil, á hora de xestionar proxectos, facer que as reunións sexan o máis eficientes posibles e evitar que se convirtan nun encontro para latricar sen xeito (para iso está a cea posterior  :intello:). Ademais, despois desta xa poderedes facer como prefirades ou, incluso despois do primeiro punto, xa poderedes facer  :na:

-Elección de Xunta Directiva de Asociación AstroGalicia (lémbrovos que por temas organizativos, creouse a asociación "ad hoc" para a celebración do evento). O máis normal será que sexan asumidos polos novos organizadores.

- Elección de lugar de celebración da AG12. No caso de que haxa varias propostas, eu proporei que se aprace o asunto a unha votación neste foro.

- Elección de datas de celebración da AG12, aínda que creo que isto vai ser o máis fácil pola tradición dos últimos anos e as discusións xa feitas.

- Revisión de obxectivos actuais da AG12 e adaptación aos intereses do novo equipo organizativo.

- Creación de áreas de traballo e responsables.

- Ideas sobre temas, conferenciantes, obradoiros, actividades previas, actividades paralelas...

A orde dos temas a tratar non teñen que ser estes, por suposto. E moito traballo xa está feito. Creo que pode ser recomendable que os asistentes recuperedes da memoria ou do correo ou dos vosos arquivos as memorias e avaliacións dos eventos previos, así teremos todo moito máis fresco e aproveitamos/aproveitades o traballo realizado.

E, por certo, despois deste sábado o meu papel será só de apoio alí onde se me demande. Non creo que estea en disposición de implicarme moito máis.

Saúdos.

Compartir: