Alguno sabe si hay posibilidad de tener toma de corriente? Yo tengo un alargador de 50m con 5 tomas que podría compartir.
Home, a dúbida ofende. Como comenta Hugo, algo diso haberá.
Estamos a preparar unha zona desbrozadiña ao redor do reloxo de Sol. Tiraremos dous ou tres prolongadores de corrente desde o edificio do Observatorio. O lugar está a cuberto dos coches que entren no albergue, na parte alta do recinto. Supoño que os organizadores porán un horario para achegarse a el co coche. De todos os xeitos, a ventaxa é que ao ser un recinto pechado os equipos poden deixarse instalados incluso dun día para outro. Con tal de tapalos con algo... 😉
Agora ben, se levades algún prolongador adicional sempre pode vir ben.
Contamos tamén cos LED vermellos que se mercaron hai un par de anos para marcar o camiño de subida e as diferentes parcelas.