AstroGalicia 2012: ...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

AstroGalicia 2012: crónica do primeiro día, o venres 14 de setembro

10 Respuestas
8 Usuarios
0 Me gustas
3,890 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Veña, xa que ninguén se anima a comentar como foi a AstroGalicia deste ano inicio eu os disparos. Poño a miña visión (limitada) e que o resto do persoal o completamente. Así, os que non estiveron farán os dentes longos :666: (ou non). Tamén poden xurdir críticas construtivas para outras edicións.

Así que, mentres agardabamos a que chegaran os primeiros inscritos na actividade, puidemos ver como a partires dsa 18:30 horas iniciábase un incendio forestal a só un quilómetro do albergue. O incendio amosounos un espectáculo pouco grato, a verdade. A el acodiron ata 3 ou 4 helicópteros, 5 avións de carga en terra, unha de coordinación, un hidroavión FOCA e unha boa morea de motobombas. No lado positivo, no solpor o lume ficou controlado.

A primeira actividade foi o seminario C'MON. Tan só puiden asistir ao comezo da presentación de Salva. Como breve resumo, o seu optimismo e os seus ánimos para que os astrónomos afeccionados colaboremos nunha chea de proxectos de investigación, de ciencia, con astrónomos profesionais. Ben é certo que el indicou que había que deixar de lado esa dicotomía de PRO-AM (profesionais/afeccionados) e empezar a falar de "xente que quere facer ciencia". Aquí, en parte, serviu de ponte co seminario do día seguinte de Minia Manteiga.

Á parte de Ramón Marzoa xa non puiden asistir (que conte alguén como foi), pero prometo revisar a súa presentación e empaparme das posibilidades. Tras dous anos de espera acabo de recibir a miña Watec e xa podo empezar a facer cousiñas (en canto aprenda a usala, claro  :intello:)

Trala cea, puidemos gozar dunha noite que, penso, tiña moi boas condicións de observacións. A humidade relativa estivo sempre por baixo do 50% (puntualmente no 51%). A temperatura comezou cuns 17ºC ás 23:00 horas e eran un par deles menos contra as 2 da mañá. Creo que unas condicións moi cómodas para a observación.

Se ben non todo o mundo montou telescopio (algúns vaguetes prefiriron gozar de telescopios alleos), creo que contamos con ao redor da vintena deles. Desde os Dobson de 40 cm, ata refractores apocromáticos cunhas condicións excelentes. Evidentemente, aos astro-fotógrafos tivémolos a unha beira para non molestalos  :666: Aínda que algún deles axiña nos deleitou con música as longas esperas por ver as súas fotografías. Por certo, a Andrómeda de Pablo xa prometía nas súas primeiras tomas. Unha auténtica marabilla.

Algunhas impresións iniciais deste primeiro día:
- unha excelente asistencia. Creo que xa estaban uns 50 dos inscritos. A asistencia ao primeiro seminario tamén foi moi boa (a sala estaba chea). Noraboa ao Salva e ao Ramón.

- meritorio un inscrito que asistiu só esa noite desde Vilagarcía, que se anotou a última hora cando soubo que podía asistir, e que creo que foi para el moi estimulante poder compartir impresións con outros astrónomos. Iso si, andaba un pouco perdidiño ao comezo, pero creo que aproveitou moito.

- é indiferente poñer unhas normas clariñas por escrito sobre como subir a baixar á zona de observación. En canto alguén se salta as normas, todo o mundo se sinte capacitado para facelo. Ata algún coche foi aparcado no medio do campo de observación  :grrrrrr:

Os que ao día seguinte currabamos duro fomos á cama relativamente cedo, pero seica algún viu saír a Venus por diante do Sol. Así que os que estiveron nas actividades que a min se me escaparon que conten a súa experiencia. Co resto dos días seguirei mañá e pasado, se ninguén máis se anima.  :whistle:

9 respuestas
Pablo Canedo
Respuestas: 1822
Admin
Noble Member
Registrado: hace 16 años

:grrrrrr:

Responder
Respuestas: 139
Estimable Member
Registrado: hace 15 años

Y ademas perderte el regalo que te toco en el sorteo! ....si es que ...

Responder
monje
Respuestas: 530
Honorable Member
Registrado: hace 15 años

- é indiferente poñer unhas normas clariñas por escrito sobre como subir a baixar á zona de observación. En canto alguén se salta as normas, todo o mundo se sinte capacitado para facelo. Ata algún coche foi aparcado no medio do campo de observación  :grrrrrr:

Pido disculpas por la parte que me toca: yo puse el coche en medio del campo la primera noche.... y aunque al día siguiente lo moví a un lateral, me salté la norma de subirlo sólo para descargar y lo dejé allí...

Aunque no es una excusa, el hecho es que no me había leído las normas, no había reparado en que estaban impresas en los programas que no dieron al hacer el registro... Entre instalarse, y tal no vi detenidamente el programa hasta el Sábado por la mañana....

Si se me permite alguna sugerencia (para la próxima vez):

1- Poner las normas en la web, igual que se pone el programa o la biografía de los ponentes. De esta forma será más fácil llevar los deberes hechos.

2- Para muchos de nosotros, el coche ES parte del equipo de observación. Veo lógico se permita dejarlo en el campo de observación (siempre que sea el de alguno de los observadores, contenga equipo, y se planee usarlo a la noche siguiente). Veo más lógico dejar el coche en el campo de observación que subirlo de noche, molestando a quien ya está observado. Nótese que si consideramos el coche parte del equipo de observación la norma de "[...] deberá ser aparcado na zona de aparcadoiro ao carón do comedor." es incompatible con la de "Podes deixar os equipos montados durante o día si así o desexas".

En fin, es sólo mi opinión.

Responder
Respuestas: 917
Prominent Member
Registrado: hace 14 años

A realidade e que sempre hai  relaxamento no cumplimento de normas, horarios, etc.. O final, a maior parte das normas son de sentido común e isto tampouco tería que ser coma nun cuartel. Cun pouco de boa vontade e respeto nin faría falla escribilas porque todos sabemos de que vai esto. ¿Fai falla decirlle a alguén que non encenda o laser, que non mova o coche ou que non use lanternas mentras estás faendo fotos?. ¿Hai que decirlle a alguén que non tire cabichas no chan e menos nun monte (había algunhas no sitio de observación)?. 
Tamén penso que para edicions futuras, o coche débese considerar coma  parte do instrumental e que hai que deixar metelo no campo de observación. Se se quere mover logo, ocúrreseme que o mais normal e que pregunte antes si vai molestar a alguén.

Responder
Página 1 / 2
Compartir: