Completamente dacordo con Dosi, e Pablos
Incluso diría mais, adiantar outro ano e asi xa non contar con esa pasta na seguinte edicion de Astrogalicia´12 (si se fai).
Pois si, puxen esta mensaxe no foro público de AstroGalicia 2011 cando a miña intención era publicalo no sub-foro dos organizadores da AG10-11. As miñas desculpas por adiantado 😳
De todos os xeitos, xa que todo o relacionado coa AstroGalicia (no que se refire á festa/encontro) o fixemos sempre público (con luz e taquígrafos dirían outros), pois tampouco pasa nada. Simplemente, que o meu ton sería un poco menos informal. Ben sabedes que despois de cada evento houbo mesa-reunión aberta a todos os asistentes (anos 2008, 2009 e 2010), que todas as asociacións patrocinadoras/colaboradoras recibistes de cada vez os informes resumo de cada evento, incluíndo temas económicos. Así que non se aporta información nova neste fío.
Tamén é certo que ano tras ano se ofreceu a P. Canedo o soporte económico do foro (hai que pagar servidor, cando menos, que é algo máis cas os 10 $ que valerá o/s dominio/s), xa que damos por suposto que o traballo realizado é impagable. De feito, co superávit da edición de 2010 é o que se acordara: colaborar ao mantemento económico deste foro (mentres non despega o portal www.astrogalicia.com) e deixar un remanente para a edición da AstroGalicia do ano seguinte. Como este último suposto non se deu, segue habendo o remanente. Proba do desinterese do P. Canedo polo tema económico está en que falaramos deste tema aló por maio pero, como me vin sumido nunha voráxine infernal de temas profesionais/persoais... (tal e como se viu na miña ausencia deste foro), non lembrei o tema ata hai uns día.
O evento AstroGalicia (que haberá que replantear, redefinir, matar ou o que sexa, noutro fío claro está) recae sobre unha asociación do mesmo nome que está integrada polos organizadores. Simplemente se fixo por temas organizativos, non por outra cousa. Por iso a solicitude de opinión debera ir dirixida a estes (xa sabedes que son Óscar, Pablo A., Hugo e Javier), a pesares de que a sinatura autorizada para facer pagamentos na conta bancaria reside só en dúas persoas (o secretario e este "menda lerenda").
Peeero, xa que o tema está aquí en público pois agora non o imos levar ao privado. O feito feito está. Así tamén podedes opinar todos.
Saúdos.
Editor de Ceos Galegos (www.ceosgalegos.com)
A verdade e que na situación na que temos Astrogalicia iste ano, penso que case que foi millor que se plantexara no foro público. Pola miña parte paréceme ben a proposta de Dosi e, como di Oscar, xusta.
www.astrovigo.es
Levo un tempo desconectado, non sei se perdín algo polo camiño pero si o que se expón e aproveitar os escasos recursos colectivos pra ben común e non seguir abusando económicamente do Canedo.... Paréceme xusto e de sentido común. Cando empecei a mirar este foro xa se falou do tema contable, sen coñecer a naide amosei disposición de poñer "derrama" Agora que xa coñezo a parte do paisanaxe debería botar a correr pero reafirmo a idea de axudar, esta idea paréceme boa 8)
Último Mensaje: Bocoran Fitur Bonus Di Situs Online Slot Tergacor Pasti Cuan Terpercaya Nuestro miembro más reciente: lawerencemckinn Últimos Mensajes Publicaciones sin leer Etiquetas
Iconos del foro: El foro no contiene publicaciones sin leer El foro contiene publicaciones sin leer
Iconos de los Temas: No respondidos Respondido Activo Popular Fijo No aprobados Resuelto Privado Cerrado