Propúxenlle facer a entrega este venres, na conexión do IAC que organizan os do Clube Vega en Compostela, porque pensaba que vivía na "capi" e podía irlle ben. Outra opción é na AstroCea... pero creo que non estades apuntados. Dígocho porque a opción sería levarlle os catro libros e que escolla mirándoos en directo.
Este venres eu non podo pero a gañadora é ela e tal vez poida. Con respecto á cea, encantaríame ir pero esa fin de semana da cea xa tiña outro compromiso previo. Non dou feito... :arf:
Pero con respecto ás recomendacións, pódesme dicir se as novelas están ben e/ou se o libro de divulgación é demasiado técnico?
Unha aperta!