Sorteos pendentes d...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Sorteos pendentes de AstroGalicia 2010

18 Respuestas
4 Usuarios
0 Me gustas
7,527 Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Trataremos de facer os sorteos pendentes de AstroGalicia ao través deste foro, para non demoralo máis. Este será o procedemento e as normas.

- Cada un os inscritos en AstroGalicia ten asignado un número (en orde de menor a maior según vos fostes inscribindo na actividade). Achegamos un listado con ditos números. Para preservar a vosa privacidade, só poñemos as iniciais do voso nome e apelidos (según constan nos vosos datos de inscrición). Esta asignación de número-iniciais-nome está en coñecemento de todo o equipo organizador da AG10, o que servirá de garantía de certeza.

- Na folla adxunta tamén aparece en cales dos tres sorteos tedes dereito a participar. Estes son:

- Sorteo 1. Sorteo de fin de semana no Albergue dos Biocos (para 5 persoas) entre os pre-inscritos en AstroGalicia antes do 15 de xuño de 2010.

- Sorteo 2. Sorteo da inscrición á revista "Astronomía", entre todos os inscritos.

- Sorteo 3. Lote de libros entre os que participaron na avaliación "en liña", da que fostes informados por correo electrónico.

- O luns 22 de novembro iniciarase o sorteo. Os números terán que coincidir cos dous últimos díxitos do número diario da ONCE (cupón de luns a xoves, cuponazo o venres e números especiais sábado e domingo). Como para o "Sorteo 1" só hai números asignados do 01 ao 36, pode ser preciso que pasen varios días ata que atopemos un gañador.

- O "Sorteo 2" iniciarase ao día seguinte de que apareza o número do "Sorteo 1". Neste caso, hai números do 1 ao 67, aínda que retiraremos o número premiado no "Sorteo 1", para que haxa máis reparto dos regalos.

- O "Sorteo 3" iniciarase ao día seguinte de que apareza o número do "Sorteo 2". Como imos empregar o mesmo listado que nos sorteos anteriores, neste caso os números que participan son salteados e non consecutivos. Así é máis divertido.

- Non vos preocupedes, día a día iremos poñendo aqui os números e xa veredes o procedemento.

Agardo non ter metido a pata nas instrucións nin no procedemento. Como sei que hai matemáticos na sala, se vedes que hai algún paso que implique ausencia de aleatoriedade 100%, avisade. De aparecer algunha incidencia ou dúbida ou conflicto, iremos resolvendo con boa vontade. Se hai dúbidas, xa sabedes, neste fío ou no correo de info ARROBA astrogalicia.org, se non a queredes facer en público.

Por último, algúns dos organizadores participan nalgúns dos sorteos pois tamén pagaron a cota de inscrición, para que ninguén pense nada raro se algún deles gaña algo.

Sorte.

17 respuestas
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 16 años

¡¡ Xa teño o meu número !!
Como me toque o finde nos Biocos xa me estou vendo arrancando malas herbas desas  :winktongue:
Levo unha ovella, vaia si a levo!!!  :whistle:

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Hoxe, luns, o cupón que recibiu o premio da ONCE é o 46478. Así que as dúas últimas cifras, as 78, indican o premiado no primeiro dos sorteos. Como para este "sorteo 1" só hai números asignados do 1 ao 36, queda deserto.

Ata mañá.

Responder
Respuestas: 383
Reputable Member
Registrado: hace 16 años

Dosi, .... como Deserto?

Creo que entendin ben a mecanica do sorteo

Imaxino que queres dicir que queda deserto ate que no sorteo saia un numero rematado en 36 ou menor

Cando o Sorteo 1 teña gañador pasaremos o Sorteo 2 e logo o Sorteo 3 ¿Non Si?

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Dosi, .... como Deserto?

Creo que entendin ben a mecanica do sorteo

Imaxino que queres dicir que queda deserto ate que no sorteo saia un numero rematado en 36 ou menor

Cando o Sorteo 1 teña gañador pasaremos o Sorteo 2 e logo o Sorteo 3 ¿Non Si?

CORRECTO

Hoxe seguimos co sorteo 1, e así ata que saia un número rematado en 36 ou menor.

Graciñas polo apunte. Xa vexo que a pesares do farragoso das miñas explicacións, hai alguén que e entende  :love:

Responder
Página 1 / 4
Compartir: