Un proxecto novo que vamos incluír na AG10 e que, previsiblemente, terá continuidade nos próximos anos, será un concurso de maquetas de naves e sondas espaciais. Así que calquera, estea ou non inscrito na AG10, poderá presentar unha maqueta e, para estimular máis a participación, as mellores recibirán algún premio dos materiais que nos están a aportar diversos patrocinadores.
Publicaremos as bases oficiais proximamente na web de AstroGalicia. A idea é que as futuras organizacións da AG poidan ir tendo un material expositivo que, incluso, se poderá ir ofrecendo a centros educativos, espazos de exposicións... Así que tédeo en conta, para que as maquetas sexa co maior realismo posible.
:great:
Editado: para engadir ligazón ás bases do concurso na web de AstroGalicia.