Chegamos, vimos e vencimos :na:
Según os organizadores locais houbo unha chea de xente. Na liña da observación da semana pasada en Valdeorras, quizais unhas 100 persoas distintas ao longo da noite (ou algo máis). Ben é certo que un grupo de 20-30 persoas foron fieis durante 2 ou 3 horas que fomos saltando de obxecto en obxecto ou viñeron antes e despois de cear, para ver como andaba a cousa.
A organización, encantadora e súper-atenta. Trouxéronnos augas para aclarar a gorxa, bocadillos quentes de xamón, apagaron as luces de toda a praza.... e venderon 100 rifas!!! Que máis se pode pedir :party:
Quedaron encantados (como me recoñecían ao remate, en "petit comité", coas explicacións de Hugo sobre as constelacións e demais. Seguro que non se decatou de que estaba rodeado, en certo momento, por unhas 15-20 persoas oíndo as súas palabras e seguindo os trazos do seu láser verde no ceo.
Cos catro telescopios que montamos puidemos ver a Lúa (creo que algún lle meteu máis de 400 aumentos para sobrevolar Gassendi), Xúpiter e os seus satélites, Andrómeda, M13 e supoño que algunha cousiña máis. A mágoa foi que non viñera alguén máis da zona (Pontevedra, Vigo...) cos seus telescopios, pois había varias persoas moi, moi interesadas en facer actividades ao longo do ano. Iso si, levaron referencias web para contactar no futuro.
A "xira circense" de AstroGalicia 2010 segue en marcha. A este paso, haberá que mercar unha carpa de colorines como os profesionais. Cal será o próxima parada??
Saúdos.