Será o venres 20 de agosto, por mediación dunha entidade cultural local (cando teña o nome concreto xa o porei por aquí). O lugar, en principio, na zona da igrexa, aínda que está por confirmar a visibilidade do lugar. Contamos coa colaboración do concello para apagado de iluminación (a ver se cunde) e permitir acceder cos vehículos. A hora está por confirmar.
A asociación local moverá o tema de prensa, cartelería e, incluso, comprométense a botar unha manciña para a venta de rifas. Que máis se pode pedir?
Así que se che apetece vir co teu telescopio. avísanos para contar contigo. A ver os compis da zona, especialmente de Pontevedra. Pero tamén aqueles que queirades coñecernos de preto ou ter unha primeira experiencia de observación telescópica, estades invitados.
Polo momento xa contamos cos telescopios de Pablo, Hugo, meu... e supoño que se irán sumando máis agora que é público.
Como vedes, un mes intenso con AG10 de xira por todo o país. :party: