Este venres, 3 de setembro, presentaremos AstroGalicia en... Boimorto (A Coruña) cunha observación urbana con telescopios. Unha semana antes da astrofesta os veciños da vila poderán contar cunha observación astronómica para que se fagan unha idea do que se pode ver no ceo. Evidentemente, trataremos de lograr espertar o interese de mozos/as e maiores e que se inscriban moitos na AstroGalicia 2010.
Se algún de vós se anima a vir á presentación e plantada de telescoios, empezaremos ás 21:30 horas diante co Centro de Ensino Infantil de Boimorto, no centro da vila. Veñen compañeiros da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense, por se vos queredes sumar a algún dos vehículos.
Vémonos na AG10!!