O sábado 11 de decembro está convocada a reunión para avaliar e pechar a AstroGalicia, en Santiago de Compostela. A esta reunión están convocadas todas as asociacións co-organizadoras; estaría ben que fósedes confirmando a vosa asistencia. Tamén estaremos, como é natural, os organizadores.
Como todos os anos, sería o momento de que tamén se coñeceran os nomes dos voluntarios para organizar a edición do ano que vén. Supoño que na reunión xa nos posicionaremos os que estivemos este ano. Pola miña parte, creo que gran parte dos usuarios deste foro xa coñeces a miña postura persoal: creo que é precisa a renovación do equipo organizador. Na actualidade, algúns levamos 3 e 2 anos organizando AstroGalicia, e outros 1 ano. Faise necesaria a incorporación de sangue novo, de ideas novas e de obxectivos novos. Os que estivemos nos últimos 2 anos pode ser que teñamos xa o cargador esgotado. Tamén é certo que hai moito camiño andado e, nalgunhas materias, o traballo é escaso. Por exemplo:
- As datas escollidas en anos anteriores poden entenderse como máis ou menos estables (despois do verán), polo que se aforran moitas discusións e tempos de espera.
- O lugar onde celebrar, xa hai algún concello contactado o ano pasado que quedou fóra na votación final. Como o punto anterior, non ten por que condicionar ao novo equipo. Pero de optar por esa opción, hai traballo feito.
- A estrutura legal da Asociación Astrogalicia está creada e é estable.
- Economicamente hai un pequeno remanente deste ano para empezar a afrontar os primeiros gastos. Ademais, hai material para a organización de sorteos, rifas e demais.
- Contamos con certa estabilidade no número de fieis que acoden cada ano á AstroGalicia, entre os socios das entidades organizadoras.
Entre os retos, creo, de novo persoalmente, que o traballo futuro pode ir por varias vías:
- Implicar a máis entidades para que colaboren (asociacións astronómicas que non coñecen o proxecto, outras que se descolgaron nesta edición, asociacións de profesores e mestres...).
- Implicar á poboación do lugar onde se realice a actividade.
- Apoiar máis ás asociacións locais desde Astrogalicia no programa anual de actividades.
Moito máis, pero non é cuestión de agobiar polo momento. Os que queirades ter máis información o vos apetecería incorporarvos á organización, contestade neste fío ou, simplemente, enviade un correo. Agardamos por vós na reunión do sábado 11 de decembro (mesmo día da cea astronómica en Santiago, por certo :rules:).