AstroGalicia 2010: ...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

AstroGalicia 2010: novo sorteo para pre-inscritos


DosiVeiga
Respuestas: 2392
Topic starter
Illustrious Member
Registrado: hace 14 años

Como sabedes, os que se pre-inscriban na AstroGalicia 2010 entraredes no sorteo dunha suscrición á revista Astronomía. Este sorteo será posible gracias ao patrocinio da Editorial Sirius.

Agora engadimos outro sorteo para os que xa estades inscritos e os que se pre-inscriban antes do 15 de xuño, igual que a suscrición da revista. Trátase dunha fin de semana para 5 persoas no Albergue dos Biocos. Durante esta fin de seman poderedes gozar dun excelente ceo para a astronomía, pero tamén do contorno natural e artístico das Terras de Trives e as Terras de Caldelas, no interior da provincia de Ourense.

Agardamos que con este novo sorteo vos animedes a pre-inscribirvos os que aínda o estades pensando. 

1 respuesta
RICK
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Buenoooooo,,,, Eu xa estou pre-incrito, pre-parado e pagado,,,,,  Así que si non son un dos agraciados xa fago reserva pra ese finde, pagando..... Pero si pago eu quero ir en "bussines" e non en "turista"....... 

Responder
Compartir: