Este ano estamos seguros de case todos os inscritos estaredes xa o venres en Boimorto. A razón o programa de actividades que estamos ultimando para a noite anterior ás charlas e obradoiros. Xa vos podemos concretar o bloque audiovisual; imos proxectar, xa confirmados, as seguintes curtametraxes:
1.- "O Sol nos Chaos". Estrenado en Amoeiro (Ourense) o 5 de agosto, fala dos achádegos arqueo-astronómicos da zona de Amoeiro. Contaremos con Marco, co-autor do documental, o sábado para presentar a J. A. Belmonte e a súa charla de Arqueoastronomía. Así que poderemos preguntarlle todo o que queiramos sobre o documental. Lémbrovos que o tema xurdiu (para nós) nun artigo de investigación sobre os aliñamentos do Chan da Ferradura. Se alguén ten a man a ligazón a ese artigo publicado pola Complutense (creo lembrar), que o aporte.
2.- "Pequeña Serenata Astronómica", producida polo CSIC. Unha montaxe audiovisual con música, animación e fotografías astronómicas, moi bonita. O ideal sería contar con música directo, pero este ano conformarémonos coa versión gravada.
Haberá algún máis, xa veredes :rules: