Esta festa nosa da astronomía conta con varios "usos", según sexa o caso:
- Os afeccionados que aproveitamos para re-encontrarnos con compañeiros de afección, vernos as caras (sen lanternas na fronte), comentamos batallas pasadas e compartimos equipamentos, coñecementos e técnicas.
- Os recén chegados ás asociacións ou os que somos menos de saír ao monte, para arrimarnos aos que controlan máis o manexo de telescopios, a ver se algo nos traspasa por "ósmose", polo menos.
- Xente que, simplemente, ten certo interese pola astronomía e, dunha forma ou doutra, atopan na AstroGalicia o lugar ideal para aprender desde o básico, ver que non están sós no mundo e, sobre todo, que moi preto deles hai xente que comparte afección.
- Os responsables das asociacións, para compartir proxectos, comentar posibles actividades para o futuro, comentar as dificultades do día a día das asociacións.
En anos anteriores aproveitamos o domingo despois do xantar (e o propio xantar), para dun xeito máis ou menos formal tratar temas máis institucionais desta afección. Deste tratar de que quedara nomeado un equipo de traballo para a seguinte AstroGalicia ata a presentación dos proxectos do Observatorio Ramón María Aller, a federación, a problemática de cada asociación...
Este ano, aínda non consideramos ningún tema para traballar ou tratar o domingo, unha vez rematada a festa. Pensades que pode ser interesante para as asociacións? Seguro que ao longo destes dous días se poden falar de moitas cousas nos cafés, nas sobremesas, na noite... aproveitamos tamén ese par de horiñas tralo xantar do último día?
Posibles ideas...
- Centrar futuras colaboración do C'MON.
- Proxectos conxuntos sobre contaminación lumínica.
- Posibilidade dalgunha colaboración pro-am.
- Actividades comúns entre varias asociacións para o ano seguinte...
Ou simplemente, coordinarnos entre os que imos ao Congreso de Madrid para compartir vehículo :666:
Que vos parece? Ideas? Intereses?