Outro libro clásico: "Construya su telescopio y algunos accesorios". Colección Manuales. Editado por Jorge Ruiz Morales. 4a. Edición revisada y ampliada. Máis información (índice, prezo...) en:
- En Editorial Equipo Sirius
- ou na Casa del Libro
O prezo de venda será, inicialmente, de 10 €. Un 20% (case) de desconto ás librerías. Para facelo máis divertido, cada dous ou tres días, se non aparece comprador, baixarémolo 1 € (ata chegar a un mínimo de 6 € por baixo do cal non o venderiamos). Así que podes agardar a que baixe e coller un auténtido "chollo". Pero arríscaste a que "teloquitendelasmanos".
Non incluímos gastos de envío, pero farase chegar pola forma máis cómoda se estades en Galicia (dentro dun mes hai unha reunión en Galicia, e haberá xente de todas as cidades, por exemplo).
Como a anterior venda o diñeiro irá destinado ao finanzamento de Astrogalicia 2009. Este libro pertence a un lote deles donado por un patrocinador: Alpha Cygni. Quedan outros dous por vender, en próximos días.
Se queres reservalo para ti, contesta a esta mensaxe. Será do primeiro que avise . :great: De seguido, indicarémoste o número de conta para facer o pagamento.
Saúdos.