Libro Astrogalicia ...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Libro Astrogalicia 2008-2009: petición de voluntarios.

84 Respuestas
11 Usuarios
0 Me gustas
41.8 K Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Pois iso, estamos pensando na organización deste ano proceder a editar algún tipo de publicación relacionada co evento de Astrogalicia. Hai uns cantos materiais que podemos aproveitar e outros que se van xerar nos próximos meses. Un deles é algo demandado por varios de vós, tanto trala edición do ano pasado como a deste. Trátase de poder contar cos contidos das conferencias por escrito.

Parece algo fácil, verdade? Temos os MP3 gravados e só hai que pasalos a texto. Pois ben, como se trata dun traballo que pode levar unhas cantas horas por cada charla (e non esaxero), pensamos en solicitar voluntarios.

Podemos contar contigo?
Requisitos: adicarlle unhas horiñas durante os próximos 1-2 meses. Non temos prazo límite. Unha vez teñamos un listado de voluntarios, estableceríamos uns prazos comúns para que o tema non quede en nada.

Trátase simplemente de transcribir os audios. A edición será un tema posterior, así como a posible inserción de ilustracións, maquetación... Chega cunha transcrición "en bruto". Despois será o tema das correccións de gramática, sintaxe...

Podes escoller a charla que prefiras, do ano pasado ou deste ano. Se asistiches á mesma será máis simple, pois xa te irá soando. Eis o listado:

11-Ángel Roldán (responsable: Dolores).
12-José Luis Comellas (responsable: Rubén). Rematada transcrición.
13-Ramón Naves (responsable: Dosi). Rematada transcrición.
14-Ángel Huelmo (responsable: RichyMan).

21-Mark Kidger (responsable: RICK). Rematada transcrición.
22-Luis Felipe Miranda (responsable: Javier). Rematada transcrición.
23-Benjamín Montesinos (responsable: Angelaros). Rematada transcrición.
24-José Canela e Pedro Re.
25-Leonor Ana Hernández (responsable: RICK).

Podes contestar neste fío ou enviar un privado ou correo electrónico. Moitas gracias anticipadas.
-------------------------------------------------------------------
EDITO para ir indicando ao carón de cada nome os voluntarios iniciais. Tamén engado o de Astrofotografía deste ano, no caso de que sexa factible.

83 respuestas
Javier
Respuestas: 1280
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Pois eu preséntome voluntario... Dame igual a charla pero si pode ser a de Luis Felipe Miranda melloe (perdínme case toda a súa oratoria por andar dun lado para outro cos trevellos para o taller de Salva e Ramón)

Responder
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Deberiase facer algún "tutorial"  😐 sobre como transcribilo (párrafos, viñetas, liñas) ... Pola miña parte (se alguén logo mete e saca puntos e comas)  :rules: voluntario.... Non teño preferencias pero como o ano pasado non estaba  :'( casi que prefiro deste ano así repaso algo  :rofl:  :rofl: (ordenadas por 22, 21, 23, 12, 13, 11, 14)
Estarei atento, e se vedes que a cousa progresa repartimolo traballo en Valdín  :whistle:
Saudos

Responder
Respuestas: 57
Trusted Member
Registrado: hace 16 años

Eu preséntome voluntario tamén. gustaríame especialmente Comellas. Foi a que máis me gustou  do ano pasado.se ten que ser calquera outra tamén me conformo. xa iredes informando.... :rules:

Responder
Respuestas: 1667
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Boa idea Dosi  :great:
Ainda que si che son sincero preferiria algo multimedia: video, audio, fotos....vamos un DVD (que unha cousa non quita a outra)

Responder
Página 1 / 17
Compartir: