Astrogalicia 2009: ...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Astrogalicia 2009: convocatoria reunión coas asociacións.

28 Respuestas
11 Usuarios
0 Me gustas
13 K Visitas
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Quedan varios flecos de Astrogalicia 2009 que iremos comentando en diversos fíos. Polo pronto, pensamos que sería procedente convocar unha reunión para todas as asociacións que colaborastes na/coa organización deste ano. A finais de mes de outubro enviaremos por correo electrónico un breve informe de avaliación, incluíndo as contas deste ano. Así tedes tempo de discutilo en cada asociación e traer os vosos comentarios e ideas.

Os datos da reunión poden ser:
Data: sábado 28 de novembro de 2009. (Día escollido por estar próximo á Lúa chea  :666:).
Localidade: Santiago de Compostela (a tiro de autovía de case todas partes, síntoo por Cova da Serpe  :he:).
Lugar: Centro Sociocultural A Trisca (barrio de San Pedro). Información sobre aparcamento próximo nas mensaxes inferiores. Mapa da ubicación.
Hora: ás 17:00 horas, vendo a experiencia de reunións anteriores. Permite xantar en casa e saír cedo á reunión, ou ir xantar a Santiago.
Duración: máximo de 2 horas.
Asistentes: 1 ou 2 persoas (máximo) por asociación.

Orde do día (provisoria):
1.-Análise do programa de actividades deste ano. Que funcionou, que non funcionou, que mellorar.
2.-Análise da organización deste ano. Ídem anterior.
3.-Análise económico da convocatoria deste ano.
4.-Posibles interesados en participar na organización do ano que vén (Astrogalicia 2010).
5.-Sondaxe previa de lugares, datas, ponentes, materiais que xa hai...
6.-(EDITO) Sorteo das suscricións á revista "Astronomía".
7.-(EDITO) Entrega do telescopio do sorteo.

Todos estes puntos podemos ir concretándoos neste fío cos vosos comentarios. Por suposto, os comentarios se agradecen tanto se pertences a unha asociación como se asistiches a Astrogalicia a nivel particular, ou como se non asistiches pero queres dar a túa opinión.

Por favor, ide confirmando asistencias e comentando o que vos pareza. Moitas gracias.  :great:

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
EDITO (listado de asistentes confirmados):

- Organizadores Astrogalicia 2009. Algúns deles, ademais, xa veñen como enviados polas súas asociacións.

- Clube Vega: Javi (e alguén máis?).

- A. Cova da Serpe (Mad).

- A. D. C. Ourense Astronómico (Camilo).

- AstroVigo (Hugo e tal vez Ricardo).

- A. A. Rías Baixas (Pablo e tal vez Pancho).

- A. Cielo Barbanza (Siriusbarbanza).

- Asociación Astronómica Sirio (Emilio).

27 respuestas
Javier
Respuestas: 1280
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Si vos parece ben, como ese día temos prevista reunión do clube (normalmente é o último sábado de cada mes... vai que casualidade) e sendo en Santiago, ¿qué vos parece si facedes (facemos) a reunión no local do centro sociocultural onde solemos reunirnos? A maioría de vos supoño que xa o coñecedes o sitio (de cando a famosa reunión para o da federación  :whistle:)

Preguntareille ó resto da xente pero supoño que en principio non debería haber problema
Saudos.

Responder
Respuestas: 2392
Topic starter
Noble Member
Registrado: hace 15 años

Hai compatibilidade horaria? Para non coincidir, claro. Aínda que acabaredes coa cabeza tola  :666:.

É unha boa opción. A considerar  :great:. Igual un pelín incómoda para aparcar, pero queda anotada a oferta. :rules:

Responder
Javier
Respuestas: 1280
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Hai compatibilidade horaria?

En principio nos empezamos taménas ás 17:00 pero non vos preocupedes. As nosas reunións son moi informáis e podémola transladar para outro día (e diante dunhas cañas si fai falta  :drunk:)

En canto ó tema do aparcamento nos vos podo facer nada...

Responder
Respuestas: 1667
Noble Member
Registrado: hace 16 años

Pa esas datas supoño que si poderei.
Non hai fallo  :great:

Responder
Página 1 / 6
Compartir: