Ir a la barra de herramientas
Sorteo dos prismáti...
 
Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Sorteo dos prismáticos do Astrogalicia 2008  


DosiVeiga
Respuestas: 2392
Illustrious Member
Registrado: hace 13 años

Por diversas circunstancias onte foinos imposible proceder ao sorteo dos prismáticos en Forcarei, tal e como era a nosa intención. En parte, por ter que trasladar a Santiago aos ponentes.

Xa quedei con Javi de Vega para realizar o sorteo hoxe en Santiago de Compostela. Se alguén dos presentes, especialmente de Ío (que vos queda máis a man) vos podedes achegar, sería un placer. Sobre todo, para darlle o máximo de transparencia ao asunto.

Será sobre as 19:00 horas na gasolineira do parque empresarial Costa Vella (a tiro de pedra da A9). Prégovos que, se podedes, vos poñades en contacto comigo (podedes pedirlle o teléfono a P. Canedo ou a Moisés).

Un saúdo e moita sorte a todos os participantes.

Compartir: