Poño aquí a información mentres non actualicemos a web www.astrogalicia.org
O sorteo dos prismáticos Celestron, donados pola casa comercial Raig, realizouse o luns, 11 de agosto. O día anterior foi imposible, debido a falta de xente e a estar os organizadores en diferentes lugares (levando a ponentes ao aeroporto, recollendo materiais...).
Celebramos o sorteo en Santiago de Compostela, en presenza de Javier de Clube Vega e dunha testemuña ocasional. Non subo unha imaxe escaneada da acta do sorteo pois me dá erro o foro. Quen queira ver o orixinal pode solitalo. O sorteo realizouse mediante o coñecido procedemento de extracción por man inocente do resgardo da papeleta, do interior dunha pucha negra onde se introduciron todos os resgardos, tralas pertinentes comprobacións. 😉
O gañador foi: Juanjo (pertence a Agrupación Astronómica Ío). FELICIDADES! :great:
Lembramos que as rifas que non recibiron premio conservámolas e participarán na segunda parte do sorteo Desta volta, sortearemos (probablemente o sábado 20 de setembro, aínda por confirmar lugar, hora e data) un Ocular Wide Angle de 15 mm e unha Fonte de Alimentación Powertank 12 V 7 Ah. Aínda podedes adquirir participacións para este sorteo a razón de 5 EUR por número. Mentres non argallemos un método mellor, mediante ingreso na mesma conta bancaria de Astrogalicia ou reservando directamente mediante un correo electrónico ou respondente a este post.
Un saúdo.