Son agradementos personais, meus, non da organización.
Ao Pablo Canedo e Moisés por aguantarme, tanto as veces que :whip:, como nas que :mdr:. Sen equipo é imposible facer un proxecto como este.
Ao Richy, por arremangarse e poñerse a vender rifas e camisetas coma un cosaso. Sen esa contribución desinteresada, o noso déficit sería moito maior.
Ao Pablo de ARRBB, polo marrón que lle endosei de dar a sesión de planetario virtual o sábado pola noite, en Forcarei. Tivo que sacrificar unhas horas de montaxe nocturna de telescopio. Moitas grazas.
Ás asociacións que colaborastes economicamente e máis na Astrogalicia.
Aos ponentes, por todas as facilidades dadas, por ser persoas normais e sinxelas.
Ao Jacobo, que se tirou un día mercando cables e outro pelando cables e montando enchufes para que tiveramos unha chea de conexións eléctricas no observatorio.
Á África por facilitarnos a observación solar cun Coronado. Si, era a miña primeira vez.
Aos asistentes, por darnos todo tipo de facilidades á organización, ser comprensivos cos cambios de programa que se foron facendo e por participar activamente nas actividades.
Seguro que se me esquece alguén, que mo perdoe.
Edito: aínda que apenas puiden gozar das observacións nocturnas, agradecer a todos os que posibilitastes que os novatos, os curiosos e a xente que pasou por alí puidera ter ese primeiro contacto coa astronomía visual. Como non quero esquecerme de ningún e, eu non coñezo aínda a moitos de vós, só quero mencionar a Paco; a idea de que os neófitos puideran facer a súa foto de Xúpiter e, despois facérllela chegar por correo electrónico, parécemo moi, moi interesante (aínda que o "seeing" non tiveses os mínimos de calidade do esixente Camilo :he:).