Joer... alguén che botou un óso, pegaches nel e non o soltas. Non sei se interrumpir este diálogo, por veces absurdo, de ti consigo mesmo. Ademais enganchas e enleas temas un tras outro e faise difícil, en fins. Cousas das prolongadas vacacións docentes de verán.
A ver, "quantum defect" é a primeira vez que o escoito. Ou é algo recente ou moi específico. Cando pase o verán podo botarlle unha ollada ao tema ese, pero xa supoño que estarás a outra cousa.
O que falas do absurdo da expansión do universo e todo iso que dis despois, absurdo? Absurdo será tratar de encaixar a complexidade da natureza no noso esquema intelectual pitagórico e euleriano, de xeometría plana, onde o que non vemos nos costa comprender. Pero eu prefiro darlle a volta ao asunto. Hoxe temos un modelo cosmolóxico que, desde hai máis de medio século, dá resposta ás observacións astronómicas. É máis, dito modelo vai sendo modificado para dar saída a novos achádegos e descubrimentos. É un modelo complicado de dixerir? Pois si. Incluso, para poder entendelo de todo hai que ter coñecementos matemáticos moi específicos e avanzados. Pero os números cadran. E se dentro duns anos hai algunha evidencia experimentalmque obrigue a buscar un modelo cosmolóxico completamente diferente non teñas medo, a ollos humanos será igual de absurdo. Hai que pensar en que somos simios evolucionados tratando de comprender todo o cosmos, do que somos fillos.
Desprazamentos ao vermello maiores ca 4? Por suposto que vas ter dificultades. Creo que andan por aí os récords de detección, en 4 e pico. E moito maiores non poderán ser nunca considerando o tamaño do universo observable.