Pois parece que últimamente hai bastante interés no tema (por fin! :smile:) Así que si queredes, podemos ir compartindo ideas por aquí.
É moito máis sinxelo do que parece. De feito, gracias a Hugo e Richy, creo que Forcarey está moi preto de poder funcionar de forma autónoma.
Polo que entendín onte o que falta por implementar sería:
-Arreglar o encoder de azimut. Non sei onde pode estar o fallo, pero pola miña propia experiencia, unha vez correxida a separación entre os sensores, tenme pinta de que se trate dun problema de alimentación. Son bastante puñeteros e se non lle das exactamente os 5v que queren, dan medidas erróneas, probade a ir cambiando a configuración Hole to hole, non hole e Grey coder, a ver que pasa. Outra cousa que se me ocorre, é que a velocidade sexa demasiada e esté a perder medidas, igual sería necesaria unha roda máis grande para ese diámetro de cúpula, que pasa se movedes a roda co dedo, conta ben?
-Automatizar a ventana. Supoño que xa veríades no esquema onde conectar os relés necesarios. Dicíame Richy que o problema era o cable colgando. Hai un montón de fotos coma esta onde se entende perfectamente como alimentar a comporta simplemente na posición home.
De motores non teño moita idea, pero supoño que ten que haber unha forma de convertir ese motor a monofásico, porque se non, vai ser unha liada...
-Seguridade. Supoño que xa haberá unha webcam. Se non, tampouco son caras (menos de 50€). Sensor de nubes, hai por ahí algo de código aberto para montalos con arduino, pero non os probéi porque xa teño un Cloudwatcher. O AAG de lunático anda polos 170 a versión básica, tamén mide choiva e temperatura. O anemómetro é opcional. Non sei se tedes estación meteorolóxica xa, pero nunca está demáis por se se lle vai a pinza ó AAG.
-SAI. Imprescindible. Aquí tamén poderíades ter un problema cos motores trifásicos. Haberá que investigar o tema.
-Caixa de relés. Moi útil para poder encender e apagar todos os elementos do observatorio e sobre todo poder resetealos en caso de que se colguen. Non pode estar operada desde un ordenador por se por calquer motivo perdemos o acceso a este, debe conectarse directamente ó router.
-Respaldo GSM. No caso de que todo o demáis falle, con unha chamada ou sms podemos resetear todo ou cerrar a comporta do observatorio.
-Software. Aquí hai que ter claro o que se quere facer e o presupuesto que hai. A día de hoxe, para unha completa robotización, se queredes que traballe de forma completamente autónoma e desatendida. Esto é, darlle traballo para meses e olvidarse do tema. ACP é a solución. A versión para traballar en local anda polos 650€, e aparte ten dependencia de Maxim DL e outros programas que tampouco son baratos. A desventaxa da versión básica é que aínda que se podería acceder e manexar con programas de acceso remoto tipo Teamviewr, non teríamos acceso a opción Internet, que podería ser interesante para que calquera sen coñecementos previos do sistema poidera maneñalo desde un navegador sen medo a romper nada. Aínda que creo acreditando que sodes unha organización sen animo de lucro vos sae por pouco máis.
Hai outras opcións moito máis económicas como CCD Autopilot, CCD Commander ou a miña preferida SGPro. Costa uns 90€ e non necesitas nada máis, nin sequera Maxim. Estos últimos necesitan algo máis de supervisión e aforran bastante traballo, pero xa non estaríamos a falar de un observatorio robótico.
Aínda faltan algunhas cousiñas, pero teño que ir a alimentar ás bestias. Depóis sigo.