Deixo por aquí o pdf do que vos falaba onte no CMON onde describe o método DSI para colimación de telescopios Ritchey Chretien. Trátase de facer tomas con ccd de curta exposición co telescopio un pouco desenfocado (a extra foco). Analizando estas imaxes podemos localizar fácilmente astigmatismo fora de eixo que nos dirá en que sentido debemos aplicar as correcións do secundario; e coma en eixo, coa cal correxiremos o primario.
Se a colimación está moi mal, podemos facer un paso previo con un chesire para deixalo aproximado antes de meterlle a ccd. Ademáis hai que centrar o enfocador co eixo óptico.
Calquera cousa, por aquí ando, e se necesitade que me acerque por ahí un día, xa sabedes a miña tarifa :drunk:
http://www.deepskyinstruments.com/truerc/docs/DSI_Collimation_Procedure_Ver_1.0.pdf