Ola a todos:
Aquí vos envío un par de ocultacións interesantes observables dende Galicia e o outras rexións da península ibérica. Sacádelle o musgo ás Watec :whip:
-noite do 30 de xullo:
Estrela de magnitude 10.9 por 36-Atalante:
http://asteroidoccultation.com/2015_07/0731_36_36130.htm
Esta ocultación á metade E de Galicia e a predicción é bastante fiable. A estrela é asequible e a duración máxima é de 2.6 seg, cunha caída de brillo de máis de 2 magnitudes.
A estrela estará relativamente baixa cara o NE.
-noite do 7 de agosto:
Estrela de magnitude 11.1 por 68-Leto:
http://asteroidoccultation.com/2015_08/0808_68_36137.htm
Esta ocultación podería afectar a toda Galicia, sendo as rexións con maior probabilidade as do SE que a observarían case seguro. A provincia con menos posibilidades é a da Coruña pero dentro da zona de 1-sigma. Atención: esta ocultación ten unha caida de de 0.3 mags.
A estrela estará baixa en dirección SW.
Saúdos.
Actualización: puxen un par de enlaces interesantes máis.