Compartir:
Avisos
Vaciar todo

ATENCIÓN: ocultación moi interesante esta noite (4 de decembro)

2 Respuestas
2 Usuarios
0 Likes
4,112 Visitas
rimarzoa
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 13 años

Ola a todos:
Esta noite produciráse unha ocultación moi interesante e pouco frecuente polo brillo da estrela. Será a ocultación dunha estrela de magnitude 9.6 polo asteroide (3176) Paolicchi. Nesta ligazón tedes máis información, xunto con cartas de localización da estrela e os horarios de ocultación:

http://asteroidoccultation.com/2015_12/1205_3176_35766.htm

A banda de ocultación e de incerteza abarcan as 3/4 partes do W de Galicia, a partir das liñas que unen Ribadeo (en Lugo) con Bande (Ourense), máis ou menos. Non é imposible que a ocultación se despraze e afecte a outros lugares pero canto máis ó W máis posibilidades de ter un positivo. Para Santiago, a hora da ocultación é ás TU=01:35:33 +/- 6 s, cunha duración máxima de 2.8 s e unha caida de 6.7 magnitudes. Vamos, que se vai a notar. A estrela estará a 41º de altura en dirección E e a Lúa aínda non saiu. E, dada a hora, hai tempo para montar o telescopio e localizar a estrela.

A predicción de Meteogalicia non é moi boa pero pode que alguén poida observar:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/cprazo/cprazoIndex.action?dia=0

Sen embargo, os noruegos predín ceo despexado, aínda que con humidade moi alta:
http://www.yr.no/place/Spain/Galicia/Santiago_de_Compostela/hour_by_hour_detailed.html

Sorte ós que o intenten.
Saúdos.

1 respuesta
colapso
Respuestas: 300
Reputable Member
Registrado: hace 13 años

Vaya... creo que xa é tarde.  :'(

Responder
Compartir: