Compartir:
Avisos
Vaciar todo

Posible ocultación dunha estrela de magnitude 15.2 por 2003VS2.

4 Respuestas
2 Usuarios
0 Me gustas
2,049 Visitas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola:
Esta é unha das catro ocultacións marcadas como boas na lista que vos enviei o outro día: http://astromania.es/index.php?topic=3699.msg24067#msg24067

Os datos coa predicción podedes descargalos de . Nese mesmo arquivo figuran as coordenadas da estrela a ocultar:

AR=04h 32m 04.48s

Dec=+33º 24' 41.9''

En principio a predicción indica que a ocultación pasa por enriba de Canarias, pero nunca se sabe. As órbitas son pouco coñecidas e os movementos propios da estrela a ocultar moitas veces tampouco se coñecen. Podería haber sorpresas. Os últimos datos que teño achegan a banda de ocultación un pouco cara a península ibérica.

A estrela está ben situada a uns 60º de altura coa lúa a máis de 40º de separación e cunha fase do 17%. Ademáis a estrela é de magnitude 15, asequible con telescopios como os que tedes algúns de vós. Con este post cólgovos a curva de altura para Galicia e a carta de identificación do DSS de 15'x15' centrada na estrela a ocultar.

Lembrade algúns trucos para conseguir unha observación exitosa:

-NON usar filtro de ningún tipo. Perderíamos unha luz moi valiosa o que nos obrigaría a aumentar os tempos de exposición.

-usar binnig para mellorar a relación sinal-ruido. Probade antes con binning 2x2 ou 3x3 se é preciso, aparte de aumentar a relación sinal-ruido tamén disminúe o tempo de lectura da imaxe por un factor 4 ou 9.

-probade a usar unha ventana na lectura do sensor. Con que apareza a estrela a ocultar e un par de estrelas non saturadas chega de sobra e reducimos aínda máis o tempo de lectura. Non nos fai falta perder tempo lendo partes do sensor con información que non interesa.

-usar o tempo de exposición mínimo posible no que se vexa a estrela. Se con 5 s xa se ve non usedes 10 s.

-se estades guiando con MaximDL desactivade o guiado. Mentras descarga unha imaxe da cámara MaximDL non guía e cando remata, antes de empezar a nova imaxe perde uns 5 s preciosos en recuperar o guiado.

-asegurarse de que o campo é o correcto facendo unha exposición máis longa antes de empezar coa secuencia de imaxes.

-empezar a observar unha media hora antes da hora marcada para a ocultación e rematar outra media hora dispois, xa que as incertezas no instante da ocultación son grandes. Ademáis, sempre existe a posibilidade de que o TNO teña un satélite non detectado.

Un saúdo.

3 respuestas
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

ACTUALIZACIÓN.

A cousa pinta moi ben para Galicia e boa parte da península ibérica. Aquí tedes unha actualización con astrometría máis recente e mellorada:

A ver se hai sorte. Saúdos.

Responder
Respuestas: 370
Topic starter
Reputable Member
Registrado: hace 14 años

Ola:
entendo que ninguén puido observar esta ocutación, ¿non?
Saúdos.

Responder
Respuestas: 1037
 RICK
Noble Member
Registrado: hace 17 años

Ola:
entendo que ninguén puido observar esta ocutación, ¿non?
Saúdos.

Isto non o vira!!
Tío non sei se estás na diáspora pero esta e a primeira noite despexada que podo lembrar desde.... Bueno, e a primeira noite despexada que podo lembrar e punto  :he:

Responder
Compartir: