Ola a todos:
na madrugada do 19 de setembro (noite do 18 ó 19) podría producirse a ocultación dunha estrela de magnitude 14.5 polo centauro Chirón (non teño moi claro como se escribe en cristiano). Algúnhas das prediccións máis recentes sitúan a franxa de visibilidade por enriba de Galicia. Aquí tedes un exemplo:
Aquí tedes a ligazón á páxina de Felipe Braga Ribas cos detalles e todas as prediccións:
http://devel2.linea.gov.br/~braga.ribas/campaigns/#September
Aínda que a predicción meteorolóxica non é moi boa para esa data, é unha ocultación interesante e, se existe algúnha posibilidade debería aproveitarse.
Saúdos.