Ola a todos:
Xa había tempo que non propoñía ocultacións así que aquí vai unha.
Na noite do 13 de xuño produciráse unha ocultación dunha estrela de magnitude 11.5 polo asteroide triple 45-Eugenia. Este asteroide ten dous satélites (Petit Princess e Petite Princesse) e é o segundo asteroide triple que se coñece (dispois de 87-Sylvia).
En Galicia a ocultación produciráse preto das 21:23 TU, aínda no solpor, e a estrela estará situada a uns 35º de altura sobre o horizonte SE. A ocultación do asteroide principal ten unha banda de incerteza a 1 sigma que cubre as dúas terceiras partes de Galicia, favorecendo ós observadores do S, e case toda a metade N da Península. E a banda de incerteza da predicción máis recente para o asteroide Petite Princesse abarca a toda a comunidade e o N da Península (ver a páxina de Vachier).
Pódese facer de dúas maneiras para observar:
-sacarlle o ferruxe ás Watec que algúns de vós tedes por ahí e poñelas detrás dun telescopio de ~25 cm de apertura. Se podedes probade a ver que tal se observa a estrela con esa configuración. Por suposto, prohibido usar filtros.
-utilizar unha CCD, neste caso, o telescopio pode ser algo máis pequeno. Neste caso usar binning 2x2 e ventanas para reducir o tempo que tarda en gardar as imaxes. Obviamente hai que tomar bias e flats (darks non fan falta) coa mesma configuración de ventanas e binning.
En ambos casos é INDISPENSABLE ter unha boa referencia de tempos. Se alguén necesita axuda para reducir os datos ou ten dúbidas que contacte comigo ou envíe unha mensaxe a este foro.
Aquí tedes algunhas ligazóns interesantes con máis información:
-Wikipedia sobre Eugenia:
http://en.wikipedia.org/wiki/45_Eugenia
-Páxina coas prediccións para esta ocultación, que inclúe prediccións sobre os satélites, de Frederic Vachier. Esta páxina indica que a magnitude en R da estrela é de 11.5.
http://www.imcce.fr/~vachier/pub/binaries/occult/2014-06-13_45_Eugenia/
-Páxina de Steve Preston para esta ocultación, que non inclúe prediccións sobre os satélites. Indica que a magnitude da estrela é de 12.4, sen indicar nada máis.
http://en.wikipedia.org/wiki/45_Eugenia
Aquí vos deixo tamén unha carta de 15'x15' coa identificación da estrela e unha curva de altura para Ames válida para toda Galicia.
Saúdos.