Ola a todos:
No clube Vega temos unha páxina adicada ó programa definitivo do Workshop CMON. A ligazón é esta:
http://denebola.org/japp/vega/?page_id=534
Queda un pouco mellor que a edición en modo texto que tivemos ata o de agora.
Saúdos.
R
Ola a todos:
No clube Vega temos unha páxina adicada ó programa definitivo do Workshop CMON. A ligazón é esta:
http://denebola.org/japp/vega/?page_id=534
Queda un pouco mellor que a edición en modo texto que tivemos ata o de agora.
Saúdos.
R
Ola a todos:
Este correo é para darvos algúns avisos ós que tedes pensado vir ó III Workshop CMON o sábado 13 de decembro:
-Se vides en coche moito coidado na estrada dadas as inclemencias meteorolóxicas que estamos a padecer. Meteogalicia ten activadas algunhas alertas amarelas en diversas zonas de Galicia. Pola tarde tenderán a remitir as precipitacións pero aumentará o vento. Así que moita precaución.
-No aparcadeiro que hai na entrada da residencia universitaria Monte da Condesa pódese aparcar de balde, pero hai outros sitios do Campus Sur onde hai ORA. Vixiade onde deixades o coche por se tedes que poñer ticket, que é obrigatorio pola mañán. Xusto diante do Centro de Transfusión hai algunhas prazas reservadas a doantes, que hai que deixar libres.
-A aula que imos a utilizar será, en principio, no primeiro andar da residencia universitaria Monte da Condesa, ó lado do Centro de Transfusión de Galicia.
-Cando cheguedes á residencia universitaria teremos postas algunhas frechas no recibidor que vos guiarán á aula que usaremos, pero tamén podedes preguntar na recepción onde está situada. Os compoñentes da organización tamén andaremos por alí.
Saúdos e vémonos mañán.
R.
Non me apuntei antes porque pensei que este ano mo ía a perder, finalmente puiden escaquearme e sí que podo ir. Hai sitio aínda? Se teño que estar de pé non pasa nada, merézoo :erf: